miniatura|Escena ficticia nun harén co sultán de Jean-Baptiste van Mour (1671–1737), que viviu en Istanbul entre 1699 e 1711 O termo harén (en árabe e persa ḥaram, "santuario" "un lugar sacro inviolábel; harén; membros femininos dunha familia," do árabe: harîm حريم, lit. "algo prohibido,") refírese propiamente aos espazos domésticos que están reservados para as mulleres da casa nunha familia musulmá. O termo refírese en xeral ás esposas ou outras mulleres relacionadas en antigas familias aristocráticas, así como á área illada e apartada dunha casa reservada para elas. Entre os otománs e safávidas usábase tamén o termo sarāy, serrallo ou “palacio.” É un lugar sacro e inviolábel, prohibido a calquera home que non sexa un membro da familia inmediata.

Institucións similares foron comúns noutras civilizacións do Mediterráneo e Medio Oriente, especialmente entre familias reais e de clase alta, e o termo úsase ás veces noutros contextos. A institución do harén desenvolveuse nas sociedades musulmás durante as sucesivas invasións e conquistas nas rexións do Mediterráneo e o Oriente Medio, África e India, posibelmente como resultado de adoptar as prácticas que xa eran comúns na cultura persa.

Tradicionalmente entendeuse este espazo privado como un lugar que serve para manter a modestia, o privilexio e a protección da muller. Un harén pode albergar a esposa ou esposas dun home, os seus fillos varóns prepúberes, as súas fillas solteiras, traballadoras domésticas e outras parentes solteiras. En haréns reais do pasado tamén eran aloxadas as concubinas do príncipe. No pasado, algúns haréns estaban custodiados por eunucos aos que se lles permitía estar dentro. A estrutura do harén e o nivel de monogamia ou poligamia variou segundo as personalidades dos membros da familia, a situación socioeconómica e os costumes locais. Na arquitectura residencial tradicional persa, os cuartos das mulleres eran coñecidos como andaruni (en persa: اندرونی; que significa dentro), e no subcontinente indio como zenana (en persa: زنانه).

Aínda que a institución experimentou un forte declive na era moderna debido ao aumento na educación e as oportunidades económicas para as mulleres, así como ás influencias occidentais, a práctica de pechar ou illar as mulleres aínda existe nalgunhas partes do mundo, por exemplo nas zonas rurais de Afganistán ou en estados conservadores da rexión do Golfo Pérsico.

En Occidente, as concepcións orientalistas crearon un imaxinario do harén como un mundo oculto de subxugación sexual onde numerosas mulleres se apoltronan en poses sexualmente suxestivas que influíu en moitas pinturas, obras teatrais, películas e obras literarias. Algunhas pinturas do Renacemento europeo que datan do século XVI, con todo, representan as mulleres do harén otomán como persoas de status e importancia política. En moitos períodos da historia islámica, as mulleres no harén exerceron varios graos de poder político, como o Sultanato das mulleres no Imperio Otomán.

Terminoloxía A palabra provén do árabe ḥarīm, que pode significar "lugar sacro inviolábel", "harén" ou "membros femininos da familia". En varios idiomas occidentais, o termo harén chegou a referirse tamén ás "esposas (ou concubinas) dun home polígamo". A raíz semítica Ḥ-RM aparece noutros termos relacionados coa noción de interdición ou prohibición, como haram (prohibido), mahram (parente con quen un non pode casar), ihram (o estado de consagración ritual dun peregrino durante o Hajj) e al-Ḥaram ao-Šarīf ("o nobre santuario ", que pode referirse ao Monte do Templo ou ao santuario da Meca).

No turco da época otomá, o harén, é dicir, a parte da casa reservada ás mulleres, chamábase haremlik, mentres que o espazo aberto para homes era coñecido como selamlık.

A práctica da reclusión ou illamento feminino non é exclusiva do islam, mais en occidente o termo haren xeralmente denota o espazo doméstico reservado para as mulleres nos fogares musulmáns. Algúns académicos utilizaron o termo para referirse a familias reais polixínicas ao longo da historia.

En occidente, o termo harén designa ao mesmo tempo o conxunto de mulleres (concubinas ou, simplemente, mulleres fermosas) que rodeaban a un personaxe importante, así como o lugar no que elas residían. Nalgunhas linguas occidentais, o termo utilizouse nun sentido máis estrito, asociado á muller confinada. O sentido dado polos orientais é o de "prohibido aos homes". O termo harem deriva da palabra herâm que serve para designar todo aquilo que é tabú, prohibido pola relixión. Normalmente nas residencias musulmás denominábase "Harim" ás estancias privadas e familiares onde vivían as mulleres da casa (esposa, nais, fillas) onde soamente estaban os membros da familia.Harem at WordReference.com As mulleres estrañas eran recibidas naqueles apousentos, mentres que os homes eran recibidos nun salón especial á entrada da vivenda.

A mitificación do harén vén da man dos haréns e serrallos das cortes islámicas, dado que en moitas ocasións o poder político e moitas decisións saían de alí.

Numerosas civilizacións antigas tiveron haréns. Na cultura grega eran coñecidos como xineceos, aínda que estes non eran verdadeiros haréns, tendo en conta que os gregos non acostumaban adoptar a poligamia, coa soa excepción dos macedonios, que en tempos clásicos eran considerados bárbaros. Os últimos haréns, os que en realidade designan a este termo, son os dos sultáns e paxás do Imperio Otomán.İlhan Akşit. The Mystery of the Ottoman Harem. Akşit Kültür Turizm Yayınları. ISBN 975-7039-26-8

O harén é un lugar no que residían as concubinas oficiais do señor, así como as mulleres que este tiña ao seu servizo. A función das concubinas era a de darlle fillos ao señor, mentres que as mulleres ao seu servizo ofrecíanlle música, danza ou sexo. Os haréns estaban custodiados polos eunucos, cos que algúns señores mantiñan tamén relacións sexuais. Estes non eran considerados homosexuais, xa que os eunucos, debido á ausencia de xenitais masculinos por castración, eran considerados dun xénero distinto ao de home ou muller.Anwar, Etin (2004). "Harem". In Richard C. Martin (ed.). Encyclopedia of Islam and the Muslim World. MacMillan Reference USA.

Frecuentemente as mulleres preferidas eran as do grupo saqaliba (ou tamén transcrito como: sakaliba ou sacaliva ou sakaliva, é dicir: eslavas -de ollos e cabelos claros- escravizadas).

Nas culturas islámicas

Persia en épocas preislámicas Segundo a Enciclopedia Iránica, a práctica de tomar grandes números de esposas ou concubinas e mantelas en áreas apartadas só empezou en Irán coas primeiras conquistas dos medos. Por exemplo, Estrabón na súa Xeografía escribe que: "O costume [entre os medos] de que os reis teñan moitas esposas é máis xeral, atópase tamén entre as tribos das montañas, mais non se lles permite ter menos de cinco. De igual maneira, ás mulleres parécelles honorábel que os esposos teñan tantas esposas como poidan, e consideran que é un infortunio ter menos de cinco." O obxecto destas prácticas era o de ter moitos fillos. Clearco de Solos menciona nas súas biografías (Perì Βίοι) que os medos puñan eunucos como gardiáns destas mulleres.apud Athenaeus 12. 514d Con todo, considerando que varias mulleres da realeza e aristocracia aqueménida gozaron dun alto status social e as numerosas evidencias respecto da súa educación e participación en actividades públicas, é improbábel que estas mulleres estivesen encerradas e illadas nun harén. A práctica de haréns reais custodiados por eunucos continuou sen maiores modificacións durante os períodos persa, seléucida, e sasánida. Coa subseguinte conquista musulmá de Persia, os abbásidas adoptaron e continuaron a práctica, espallándoa a todo o seu imperio.

Califatos omeia e abasí O sistema do harén institucionalizouse por primeira vez no mundo islámico baixo o califato abbásida. O illamento das mulleres estabeleceuse en varias comunidades do Mediterráneo, Mesopotamia e Persia antes da chegada do islam, e algúns académicos cren que os musulmáns adoptaron o costume dos Imperios Bizantino e Persa, interpretando retrospectivamente o corán para xustificalo. Aínda que o termo harem non denota os aloxamentos das mulleres no corán, os comentaristas coránicos usaron unha serie de versículos coránicos que falaban da modestia e o illamento como unha xustificación relixiosa para a separación das mulleres dos homes, incluído o chamado verso hiyab (33:53). No uso moderno, hiyab refírese coloquialmente á vestimenta relixiosa que usan as mulleres musulmás, mais neste verso significa "veo" ou "cortina" que separa fisicamente o espazo feminino do masculino.Corán 33,53 Aínda que os comentaristas clásicos estiveron de acordo en que o verso falaba dunha cortina que separaba os cuartos das esposas de Mahoma dos visitantes da súa casa, xeralmente viron esta práctica como un modelo para todas as mulleres musulmás.

Segundo Anwar, a conquista de Persia durante o período Sasánida conduciu á asimilación da cultura persa, especialmente nas cidades guarnicións. Os nobres e líderes abasíes conseguiron, grazas ás súas conquistas e expansión, enormes riquezas así como a oportunidade de ter, herdar e capturar prisoneiros de guerra, entre os que se incluían eunucos, mulleres e nenos,Morony, Michael G. Iraq after the Muslim conquest. Gorgias Press LLC, 2005 moitos dos cales foran dependentes ou membros do harén das derrotadas clases altas sasánidas.Abbott, Nabia. Two queens of Baghdad: mother and wife of Hārūn al Rashīd. University of Chicago Press, 1946. Os líderes e gobernantes abbásidas rapidamente adoptaron o costume persa de ter centos de concubinas e escravos e mantiveron os haréns nos seus palacios. En contraste coa era anterior do Profeta Mahoma e o Califato Rashidun, as mulleres nas sociedades omeia e abbásida estaban ausentes de todos os ámbitos dos asuntos centrais da comunidade. Mentres as súas antepasadas ​​musulmás guiaban os homes á batalla, iniciaban rebelións e desempeñaban un papel activo na vida comunitaria, como se demostra na literatura do Hadith, as mulleres abbásidas eran mantidas idealmente en reclusión. Así, tras as conquistas militares da época, un home da elite podería en potencia chegar a ter mil escravos, e os soldados comúns podían ter unhas dez persoas ao seu servizo.

Nabia Abbott, destacada historiadora sobre as mulleres da elite no califato abbásida, describe a vida das mulleres do harén da seguinte maneira:As mulleres máis selectas eran encarceradas detrás de pesadas cortinas e portas pechadas, cuxas cordas e chaves eran confiadas ás mans desa criatura lamentábel: o eunuco. A medida que crecía o tamaño do harén, os homes entregábanse ao pracer até a saciedade. A saciedade dentro do harén individual significaba aburrimento para o único home e neglixencia para as moitas mulleres. En tales condicións... a satisfacción por medios perversos e antinaturais infiltrouse na sociedade, particularmente entre as súas clases altas.Abbott, Nabia. Two queens of Baghdad: mother and wife of Hārūn al Rashīd. University of Chicago Press, 1946.A comercialización de seres humanos, en particular mulleres, como obxectos de uso sexual significaba que os homes de elite eran donos da gran maioría das mulleres coas que interactuaban, e relacionábanse con elas como o farían os amos coas escravas. Ser escravo significaba unha relativa falta de autonomía durante este período de tempo, e pertencer a un harén facía que unha esposa e os seus fillos tivesen poucas garantías de estabilidade e apoio continuo debido á política volátil da vida no harén. Os homes de elite expresaron na literatura o horror que sentían por mor da humillación e degradación das súas fillas e parentes femininas. Por exemplo, os versos dirixidos a Hasan ibn al-Firat sobre a morte da súa filla dicían:A Abu Hassan doulle o pésame.

En tempos de desastre e catástrofe

Deus multiplica as recompensas para o que é paciente.

Ser paciente na miseria

Equivale a dar grazas por un agasallo.