Manuel López Mosquera, nado en Monforte de Lemos en 1908 e finado o 14 de xullo de 1975, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Procurador dos tribunais. Instalouse en Quiroga. Foi xefe de Falange, sendo un dos asinantes da acta de integración. Participou na guerra civil co grao de alférez provisional. En xullo de 1937 era secretario de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de Quiroga.El Progreso, 23-7-1937, p. 2. No franquismo foi nomeado concelleiro de Quiroga e primeiro tenente alcalde. Foi nomeado alcalde de Quiroga a finais de febreiro de 1964.El Progreso, 28-2-1964, p. 7. Foi deputado provincial,El Progreso, 19-4-1964, p. 11. e presidente da Comisión de Repoboación Forestal da Deputación. Finou o 14 de xullo de 1975.BOP Lugo, 29-10-1975, p. 4.
Notas
Categoría:Falanxistas
Categoría:Alcaldes de Quiroga
Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1908
Categoría:Finados en 1975