Jan Pieter Six van Hillegom, nado o 6 de novembro de 1824 en Ámsterdam e finado o 17 de xullo de 1899 en Hilversum, (Holanda Setentrional) foi un numismático e coleccionista de arte, antigüidades e de obxectos arqueolóxicos neerlandés.
Traxectoria
Infancia e formación Jan Pieter Six era fillo de Hendrik Six (1790-1847)Geert, M. (2018). De levens van Jan Six : een familiegeschiedenis. ISBN 978-90-450-3619-9 e de Lucretia Johanna van Winter (1785- 1845)"Winter, Lucretia Johanna van (1785-1845)". Digitaal Vrouwenlexicon van Nederland."Genealogie Familie Six » Hendrik Six (1790-1847)". GenealogieOnline.nl. Tratábase dunha familia acomodada de coleccionistas de arte, que pasaba os invernos en Ámsterdam, as primaveras nunha propiedade nas aforas da cidade e os veráns nunha casa de campo en 's-Graveland.H.J. de Dompierre de Chaufepié (1902). Páxina 183.
A súa primeira educación correu a cargo dun diplomático francés, que lle inculcou o seu interese pola lectura dos poetas clásicos franceses e neerlandeses. Os seus estudos superiores transcorreron no Institutuut Noorthey, en Leidschendam, entre 1838 e 1842. Coñeceu as linguas clásicas e comezou a admirar e a estudar particularmente a Plauto e a Varrón, e a adquirir libros de autores clásicos, de filoloxía e de arqueoloxía.H.J. de Dompierre de Chaufepié (1902). Páxinas 184-185.
Entre 1842 e 1847, ano en que faleceu o seu pai, estudou Dereito na Universidade de Utrecht. Logo regresou a Ámsterdam e continuou a súa formación no Amsterdam Athenaeum, onde o seu tío, D. J. van Lennep, o introduciu no coñecemento das antigüidades e da numismática. Aínda que en 1846 xa adquirira algunhas moedas antigas, a partir de 1848 as súas adquisicións foron máis regulares e Six comezou a organizar unha colección numismática.H.J. de Dompierre de Chaufepié (1902). Páxina 185.
Interese pola historia, a arte e a arqueoloxía Jan Pieter Six interesouse tamén pola arte e as exposicións históricas, e colaborou en mostras de mestres da arte en 1867 e en 1872, e en exposicións arqueolóxicas en 1858, 1873 e 1877. A súa participación na exposición de 1869 con motivo do 600 aniversario da cidade de Ámsterdam foi particularmente significativa.
Foi cofundador da Real Sociedade de Anticuarios (Koninklijk oudheidkundig Genootschap) en 1858, xunto con D. Van Kellen e L. M. Beels van Heemstede. En 1875 fundou tamén un pequeno museo de arte con fondos en parte cedidos por el, que finalmente pasou a integrarse no Rijksmuseum. Tamén amosou a súa preocupación pola conservación dos monumentos e edificios históricos e coleccionou obxectos tan diversos como debuxos, estampas, retratos, selos, incunables, vidros, etc., a maioría dos cales acabaron sendo doados a museos públicos.H.J. de Dompierre de Chaufepié (1902). Páxina 186.
Tamén tivo participación na vida pública, como membro do consello provincial entre 1858 e 1877.
Jan Pieter Six numismático Como numismático, o seu máximo interese radicou na moeda da Antigüidade, comezando polos denarios e outras moedas da Antiga Roma, e a partir de 1848 comezou a coleccionar e a estudar a moeda da Antiga Grecia, moeda celta da Galia, moeda tolemaica, etc. A partir destes estudos fixo diversas publicacións e impartiu conferencias periódicas na Sociedade de Artes e Ciencias de Utrecht (Utrechtsch Genootschap van Kunsten en Wetenschappen), na que ingresou en 1863.H.J. de Dompierre de Chaufepié (1902). Páxinas 187-188.
Entre as súas escasas visitas a coleccións numismáticas estranxeiras salientan as do Gabinete de Moedas e Medallas de París, a primeira en 1856 e as outras dúas, da man de Ernest Babelon, en 1881 e en 1884. Tamén mantivo contacto con outros numismáticos europeos, como o británico Barclay V. Head ou o suízo Friedrich Imhoof Blumer, con quen mantivo unha relación non só científica senón tamén de amizade.H.J. de Dompierre de Chaufepié (1902). Páxinas 189-190, 192.
Vida familiar En 1856, Six casou con Catherina Teding van Berkhout (1834-1887)."Genealogie Familie Six » Jan Pieter Six (1824-1899)". GenealogieOnline.nl Un dos seus fillos, Jan Six (1857-1926) foi un recoñecido historiador da arte."Six, Jan, Jhr.". En Dictionary of Art Historians.
Jan Pieter Six finou o 17 de xullo de 1899 na súa casa, en Hilversum.H.J. de Dompierre de Chaufepié (1902). Páxina 193.
Recoñecementos (1890): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións A produción científica de Jan Pieter Six produciuse maioritariamente en forma de artigos publicados nas revistas numismáticas máis significativas da súa época; porén, algúns destes artigos foron publicados tamén por estas revistas como separatas independentes."Six, Jan Pieter 1824-1899 ". Digital Library Numis."Six, J. P.". WorldCat Identities."Jan Pieter Six (1824-1899)". Bibliothèque nationale de France.
(1863). Catalogue du cabinet de monnaies et médailles de l'Académie Royale des sciences à Amsterdam (con A. J. Enschedé). Frederik Muller, Amsterdam. (1875). Sur les premières monnaies de bronze émises à Syracuse. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres. (1877). Observations sur les monnaies phéniciennes. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres. (1878). Monnaies d'Hiérapolis en Syrie. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres. (1883). Aphrodite-Nemesis. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres. (1883). Du Classement des séries cypriotes. Separata de Revue numismatique, Société française de numismatique, París. (1884). Le Satrape de Mazaïos. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres. (1885). Sinope. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres. (1886). L'Ère de Tyr. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres. (1887). Monnaies Lyciennes. Separata de Revue numismatique, Société française de numismatique, París. (1897). Monnaies grecques, inédites et incertaines. Separata de Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society, Londres.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía H.J. de Dompierre de Chaufepié (1902). "Levensbericht van J. P. Six". En Levensberichten der afgestorven medeleden van de Maatschappij der Nederlandsche letterkunde te Leiden. E. J. Brill, Leiden. Páxinas 183-193
Categoría:Nados en 1824 Categoría:Nados en 1899 Categoría:Nados en Ámsterdam Categoría:Numismáticos dos Países Baixos Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Coleccionistas