Pseudomys gouldii é unha especie de roedor da familia dos múridos. Foi declarado oficialmente extinto en 1990 pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza, sendo recollido por última vez en 1856–1857 por John Gilbert para John Gould. Dende entón, non foi avistado máis a pesar de varias prospeccións na área. Porén, un estudo xenético de 2021 indicou que sobrevive en pequenas illas da costa de Australia Occidental, en poboacións que antes se pensaba que eran a súa propia especie, coñecida como djoongari.

Notas

Categoría:Mamíferos de Australia Categoría:Animais descritos en 1839