Dobre vida (en ) é un filme estadounidense de 1947 dirixido por George Cukor, cun guión de Ruth Gordon e Garson Kanin.. Conta a historia dun actor cuxa mente queda afectada polo personaxe que interpreta. Está protagonizado por Ronald Colman e Signe Hasso. Ronald Colman gañou o Óscar ó mellor actor pola súa interpretación no filme.
Sinopse Anthony John é un grande actor de teatro, obsesivo coas personaxes que interpreta ata o punto de chegar a non conseguir distinguir a ficción da realidade. Está separado da tamén actriz Brita, que a pesar de amalo non soporta as súas mudanzas de personalidade e as súas súbitas desaparicións. Cando a parella inicia unha nova peza, Otelo de Shakespeare, Anthony axiña comeza a sentir celos da súa exmuller, mesturando os seus sentimentos cos do protagonista que interpreta.
Personaxes Ronald Colman como Anthony "Tony" John Signe Hasso como Brita Edmond O'Brien como Bill Friend Shelley Winters como Pat Kroll Ray Collins como Victor Donlan Philip Loeb como Max Lasker Millard Mitchell como Al Cooley Joe Sawyer como Pete Bonner Charles La Torre como Stellini Whit Bissell como Dr. Stauffer
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1947 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por George Cukor Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de 1947 con versión en galego