A escalada nos Xogos Olímpicos de 2020 foi un evento organizado nos Xogos Olímpicos de Verán de 2020 en Tokyo, Xapón (postergados ao 2021 debido á pandemia de COVID-19). Celebráronse dous eventos, un para homes e outro para mulleres. O formato constou de tres disciplinas: escalada de dificultade (ou lead), escalada de velocidade e bouldering (ou escalada en bloque). O gañador determinouse en función de quen tivo mellor rendemento global nas tres disciplinas. Este formato probárase previamente nas Xogos Olímpicos da Xuventude 2018. O código olímpico para a escalada deportiva é CLB.

Por mor dunha brecha na seguridade olímpica, filtráronse dous boulders de cualificación en YouTube; o vídeo foi rapidamente eliminado e os boulders afectados restablecidos.

Formato O 3 de agosto de 2016, o Comité Olímpico Internacional (COI) anunciou formalmente que a escalada sería deporte olímpico con medallas nos Xogos Olímpicos de 2020. A inclusión fora proposta pola Federación Internacional de Escalada (IFSC) en 2015.

A decisión de combinar tres disciplinas—escalada de dificultade (lead), bouldering e escalada de velocidade— cun total de tres medallas por sexo—causou enorme criticismo no mundo da escalada.

A escaladora Lynn Hill dixo que a decisión de incluír a escalada de velocidade era como "pedirlle a un corredor de media distancia competir na modalidade de sprint." O escalador Adam Ondra manifestou unha opinión similar, comentando nunha entrevista que calquera outra cousa tivese sido mellor que a combinación proposta. Hai certa mestura deportiva entre atletas nas categorías de escalada de dificultade (lead) e boulder, pero a escalada de velocidade adoita verse como unha disciplina totalmente separada das outras dúas que practican atletas especializados. A escaladora Shauna Coxsey afirmou: "Ningún escalador de boulder fixo unha transición á modalidade de velocidade e dificultade, así como ningún escalador de velocidade a fixo ao bouldering e dificultade".

Os membros da IFSC explicaron que o comité olímpico só lles concedera unha medalla de ouro por sexo e que non quixeron excluír os escaladores de velocidade. O obxectivo da IFSC para os Xogos Olímpicos de 2020 era principalmente establecer a escalada e as súas tres disciplinas como deportes olímpicos; os cambios no formato xa poderían vir máis adiante se fosen necesarios. Esta táctica resultou exitosa: concedéuselles un segundo conxunto de medallas para os Xogos Olímpicos de 2024, e en 2024 a escalada de velocidade será un evento separado do evento que combina escalada de dificultade e bouldering.

A clasificación final calculouse multiplicando a clasificación dos escaladores en cada disciplina de escalada, sendo a mellor puntuación a máis baixa.

Clasificación

Houbo 40 prazas dispoñibles en escalada para os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020. Cada comité olímpico nacional podía obter un máximo de 2 prazas para cada evento (cun máximo de 4 entre dous eventos). Cada evento tivo 20 competidores clasificados: 18 da fase clasificatoria, 1 do anfitrión (Xapón) e mais 1 das invitacións da Tripartite Commission.Sistema de cualificación - Xogos da XXXII Olimpíada - Escalada deportiva; Federación Internacional de Escalada Deportiva, 15 de marzo de 2018.

O Mundial de Escalada de 2019 serviu como evento clasificatorio outorgando 7 prazas por xénero para o torneo olímpico aos vencedores dos eventos combinados.

Calendario Q ClasificaciónFFinais Modalidade 3 de agosto 4 de agosto 5 de agosto 6 de agosto Combinada masculina Combinada feminina Fontes:

Equipos participantes Clasificáronse 40 escaladores de 19 países. Os eventos de clasificación incluíron o Mundial de Escalada de 2019, un evento de clasificación olímpica, e campionatos continentais.

Alemaña nos Xogos Olímpicos (2) Australia nos Xogos Olímpicos (2) Austria nos Xogos Olímpicos (2) Canadá nos Xogos Olímpicos (2) Kazakhstán nos Xogos Olímpicos (1) China nos Xogos Olímpicos (2) Corea do Sur nos Xogos Olímpicos (2) Eslovenia nos Xogos Olímpicos (2) España nos Xogos Olímpicos (1) Estados Unidos nos Xogos Olímpicos (4) Francia nos Xogos Olímpicos (4) Gran Bretaña nos Xogos Olímpicos (1) Italia nos Xogos Olímpicos (3) Polonia nos Xogos Olímpicos (1) República Checa nos Xogos Olímpicos (1) ROC nos Xogos Olímpicos (3) Suíza nos Xogos Olímpicos (1) Suráfrica nos Xogos Olímpicos (2) Xapón nos Xogos Olímpicos (4) (Organizador)

Resumo de medallas Medalleiro

Medallistas Combinada masculina 20px Alberto Ginés López España 20px Nathaniel Coleman Estados Unidos 20px Jakob Schubert Austria 20px Janja Garnbret Eslovenia 20px Miho Nonaka Xapón 20px Akiyo Noguchi Xapón

Récords acadados Evento Rolda Escalador(a) País Tempo Data Récord Combinada masculina (velocidade) Clasificación Bassa Mawem Francia 5.45 3 de agosto Combinada feminina (velocidade) Clasificación Aleksandra Mirosław Polonia 6.97 4 de agosto FinalAleksandra Mirosław Polonia6.846 de agosto

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Campionato Mundial de Escalada da IFSC 2019 Escalada nos Xogos Olímpicos da Xuventude 2018

Categoría:Escalada nos Xogos Olímpicos Categoría:Escalada en 2021 Categoría:Xogos Olímpicos de 2020