Columbieḷḷo é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena. Atópase na parte noroccidental do concello e linda ao norte coa parroquia de La Pola, ao oeste coa de Castieḷḷo, ao sur coa de Felgueras e ao leste co concello de Ayer. Ten unha extensión de 7,88 km² e atópase na beira dereita do río Ḷḷena. A súa poboación era de 105 habitantes segundo os datos do INE de 2010. Abrangue os seguintes núcleos de poboación: La Cobertoria, Columbieḷḷo, El Piridiiḷḷu, La Puente e El Sotón.
Demografía
miniatura|esquerda|220px|Sinal. miniatura|esquerda|220px|Vistas dende Columbieḷḷo. Notas
Véxase tamén
Bibliografía VV.AA., Diccionario geográfico de Asturias. Oviedo, Editorial Prensa Asturiana, 2000.
Categoría:Parroquias de Ḷḷena