Che Sudaka é unha banda de rock alternativo formada por músicos da Arxentina e de Colombia. Eles definen o seu estilo como punk reggae party no que ademais introducen outros ritmos como o hip hop, o ska e mesmo a cumbia.
Orixe do nome O nome Che Sudaka é a unión de dúas palabras: "che" (en mapundungun, a lingua dos mapuches) que significa "xente" e "sudaka" que é a forma pexorativa que se usa en España para referirse á xente que provén de América do Sur. A unión das dúas palabras, entón, forma xente de América do Sur. A banda explica que escolleron ese nome de forma irónica porque rirse deles mesmos converte a discriminación nun acto estúpido de quen o practica.
Historia A banda formouse a principios da década do 2000 en Barcelona por un grupo de inmigrantes ilegais que tocaban a súa música na rúa como forma de gañarse a vida e que chegaran á cidade seguindo o ronsel de Manu Chao, unha das influencias máis fortes da formación.laopiniondegranada.es Che Sudaka demuestra que ‘Tudo é possible’ publicado o 5 novembro de 2009diaridetarragona.com El mestizaje toma El Cau con la visita de Che Sudaka y su ‘Tudo é possible’ publicado o 19 de novembro de 2009
En marzo do 2012 a banda fixo 10 anos nos escenarios durante os cales levaron a cabo preto dun milleiro de concertos.mondosonoro.com Hábitat natural publicado o 23 de febreiro do 2012 Coroaron a década de vida participando, en xullo do mesmo ano, do Fuji Rock, no Xapón, xunto a artistas tales como The Specials e Toots and the Maytals.
En febreiro do 2016, a un mes de celebrar os seus 14 anos na ruta, chegaron ao seu concerto número 1300 cun show en Niceto Club, Buenos Aires, Arxentina.
En novembro de 2017 lanzan "Almas rebeldes", novo disco de estudo con tres temas novos e versións dalgúns clásicos da banda. Contan coas colaboracións de Manu Chao, Amparo Sánchez, Dr. Ring-Ding e Capricornio Man (El Gran Silencio), entre outros. Xunto a Manu Chao gravan o vídeo de "La Risa Bonita".
Discografía AnoTítuloDiscográfica2003Trippie TownK Industria2005Trippie Town (Reedición)K Industria2005Alerta BihotzaK Industria2007Mirando el Mundo al revésK Industria2009Tudo é possibleCavernicola + Kasba Music2010Cavernícola Recording VOL.1 (Non oficial)Cavernícola Marcas201210Cavernícola Marcas20131111 LIVES Cavernícola Réecords2014HoyCavernícola Marcas2017Almas RebeldesCavernícola Marcas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de España Categoría:Grupos musicais de ska Categoría:Grupos musicais de hip hop Categoría:Grupos musicais formados en 2002