Alberte I de Namur (m. pouco antes de 1011), foi conde de Namur dende o ano 981 até a súa morte. Era fillo de Roberto I, conde de Namur.

Biografía Aínda que non se atopan referencias nas actas ao seu pai a partir do ano 974, Alberte I non é mencionado como conde de Namur até sete anos despois, no 981. Dende o ano 973, uniuse aos fillos de Rainiero III de Henao, Rainiero IV de Mons e Lamberto I de Lovaina, que tentaban reconquistar a súa herdanza aos condes que o emperador Otón I designara para o condado de Henao, Renaud de Mons e Garnier de Valenciennes. Tras reconciliarse co emperador, este confioulle a defensa da abadía de Brogne, no ano 998.

Matrimonio e descendencia Desposou con Ermengarda, filla de Carlos, duque da Baixa Lotarinxia, e tivo os seguintes fillos:

Roberto II, conde de Namur. Alberte II, conde de Namur. Hedwige (ou Hadewige) de Namur, esposa de Xerardo I de Lorena. Lutgarda, esposa de Otón, primeiro conde de Looz. Oda (ou Goda). Ermengarda, que algúns autores confundiron coa esposa de Otón I de Chiny. Predecesor:Roberto I55x55pxConde de Namur981-1011Sucesor:Roberto II

Notas

Categoría:Condes de Namur