Pai de Cana ou Pai da Cana foi un trobador e crego galego do século XIII. autor de composicións da lírica galego-portuguesa.
Biografía Pola súa posición nos cancioneiros sábese que era crego. Está documentado entre 1243 e 1283, foi cóengo da catedral de Santiago e administrador da diocese de 1281 a 1283, nese período tamén desempeñou o cargo de abade da colexiata de Santa María de Valladolid. En novembro de 1283 formaba parte do séquito de Afonso X. Tivo propiedades na cidade de Santiago de Compostela, tamén hai unha rúa co seu nome na cidade.
Obra Consérvanse dúas cantigas de amigo.
Notas
Categoría:Trobadores en galego-portugués