Hipólito Reguenga Borrajo, nado en Vigo en 1889 e finado na mesma cidade o 6 de novembro de 1956, foi un avogado, empresario e político galego.
Traxectoria Fillo do médico Isidoro Reguenga Sancho. En 1906 foi un dos fundadores do club de fútbol Infantil presidido por Nicolás de las Llanderas e do que Hipólito foi vogal. Foi fundador do Club Machada, do que foi elixido presidente en 1914.Diario de Galicia, 31-12-1913, p. 2. Foi director da revista humorística Machada que editou o Club Machada en 1914. Despois colaborou en La Noche. Foi inspector de emigración e participou en varias empresas como Vidriera Gallega e Constructora Urbana que edificou a Barriada-Jardín no Castro. Foi elixido concelleiro de Vigo pola coalición monárquica o 11 de novembro de 1917."Reguenga, creador del Club Machada e impulsor del Castro", La Voz de Galicia, Vigo, 29-9-1994, p. 42. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi designado concelleiro de Vigo en novembro de 1929,El Pueblo Gallego, 20-11-1929, p. 8. e novamente en maio de 1930.El Pueblo Gallego, 3-5-1930, p. 3. No franquismo foi nomeado polo gobernador civil comisario-interventor para a prestación persoal a favor do Estado para a reconstrución nacional en agosto de 1939.El Correo Gallego, 3-8-1939, p. 2. Presentouse ás eleccións municipais de Vigo de 1948 encabezando unha "Candidatura Agraria Independiente, formada por vigueses que no representan a ninguna entidad",El Pueblo Gallego, 20-11-1948, p. 11. pero non foi elixido.
Vida persoal Casou Vigo con Josefina Monteiro Fernández en marzo de 1918,Galicia Nueva, 8-3-1918, p. 2. e foi pai de José María e Isidoro Reguenga Monteiro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Avogados de Vigo Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1956