O 24 de xaneiro é o 24º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 341 días para finalizar o ano, 342 nos anos bisestos.

Acontecementos 41: na Antiga Roma o emperador romano Calígula, de 29 anos de idade, coñecido pola súa excentricidade e cruel despotismo, é asasinado polos seus gardas pretorianos. Sucédeo o seu tío Claudio. 1859 - Valaquia e Moldova son unificadas para formar a Romanía. 1941 - Fundación de Renfe. 1958 - Científicos británicos e estadounidenses anuncian que lograron unha fusión nuclear controlada. 1969 - O Goberno franquista decreta o estado de excepción en toda España. 1977 - Os GRAPO secuestran ó tenente xeneral Villaescusa, presidente do Consello Supremo de Xustiza Militar. 1990 - Publicación do Decreto 3/1990 polo que se segregan as Universidades de Coruña e Vigo da Universidade de Santiago. 2003 - Catástrofe ecolóxica do Prestige: O colectivo de mestres Area Negra (integrados en Nunca Máis) desprega unha cadea humana de 50 000 alumnos entre as localidades de Laxe e Muxía. 2005 - Ponse en marcha oficialmente o Plan Xeral de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia, que recolle máis de mil medidas para a extensión e uso do galego na sociedade. 2006 - Presentación das actividades do Foro pola Memoria de Galicia en Santiago de Compostela.

Nacementos miniatura|100px|ETA Hoffmann. 1679 - Christian Wolff, filósofo alemán. 1705 - Farinelli, cantante castrato italiano (m. 1782). 1712 - Frederico II o Grande, rei de Prusia. 1732 - Pierre-Augustin de Beaumarchais, dramaturgo francés. 1776 - Ernst Theodor Amadeus Hoffmann, escritor alemán. 1862 - Edith Wharton, escritora estadounidense (m. 1937). 1888 - Vicki Baum, escritora austríaca nacionalizada norteamericana. 1889 - Ángel del Castillo López, historiador e arqueólogo galego (m. 1961) 1928 - Desmond Morris, zoólogo británico. 1947 - Mercedes Sampietro, actriz catalá. 1948 - Ana Kiro, cantante galega (m. 2010). 1952 - Anxo Rei Ballesteros, escritor galego (m. 2008). 1961 - Nastassja Kinski, actriz alemá. 1964 - Xerardo Méndez, escritor galego. 1964 - Josip Mlakić, escritor en lingua croata. 1965 - Andreu Buenafuente, humorista catalán. 1968 - Fernando Escartín, ciclista aragonés. 1969 - Mabel Mato, escritora galega.

Mortes miniatura|100px|Winston Churchill. 1848 - Horace Wells, dentista estadounidense, descubridor da anestesia moderna (n. 1815). 1879 - Heinrich Geissler, inventor alemán (n. 1814). 1913 - Prudencio Canitrot, pintor, ilustrador e xornalista galego (n. 1882). 1919 - Ismail Qemali, líder nacionalista albanés (n. 1844) 1920 - Amedeo Modigliani, pintor e escultor italiano (n. 1884). 1930 - Rebecca Latimer Felton, escritora e política estadounidense (n. 1835). 1965 - Winston Churchill, estadista inglés. 1967 - Oliverio Girondo, poeta arxentino (n. 1891). 1978 - Alfredo Deaño, filósofo e lóxico galego. 1979 - Juan Luis, pintor galego (n. 1894). 1983 - George Cukor, cineasta estadounidense. 2004 - Helmut Newton, fotógrafo australiano, nado en Alemaña. 2011 - Alfonso Vilar Lamelas, escultor galego (n. 1927).

Festas e celebracións

Santoral Santo Urbano. San Francisco de Sales.

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Xaneiro