A Society for Worldwide Interbank Financial Telecommunication (SWIFT) (en galego, Sociedade para as Telecomunicacións Financeiras Interbancarias Mundiais), legalmente S.W.I.F.T. SCRL, proporciona unha rede que permite ás institucións financeiras de todo o mundo enviar e recibir información de transaccións financeiras nun contorno seguro, estandarizado e fiábel. SWIFT tamén vende software e servizos a institucións financeiras, a maioría para usar na rede SWIFTNet, e Códigos de Identificación de Negocios ISO 9362 (BICs, antes Códigos de Identificación de Banco), popularmente coñecidos como "códigos SWIFT".

En 2018, arredor da metade dos pagos transfronteirizos de valor elevado de todo o mundo usaron a rede da SWIFT. En 2015, SWIFT conectou a máis de 11 000 institucións financeiras en máis de 200 países e territorios, que intercambiaron unha media de máis de 32 millóns de mensaxes ao día (comparado a unha media de 2,4 millóns de mensaxes diarias en 1995). SWIFT transporta mensaxes financeiras dun xeito altamente seguro, pero non se responsabiliza dos seus membros nin realiza ningún tipo de compensación ou liquidación.

SWIFT non realiza transferencias de fondos: o que fai é enviar ordes de pago, que deben estar respaldadas polas contas correspondentes que as institucións teñen unhas con outras. Cada institución financeira, para intercambiar transaccións bancarias, ten que ter unha relación bancaria sexa un banco ou sexa estando afiliado con un (ou máis), para así poder gozar daquelas características empresariais particulares.

SWIFT recibe críticas pola súa ineficiencia a raíz dunha información do Financial Times que observou en 2018 que a miúdo as transferencias "pasan por múltiples bancos antes de chegar ao seu destino final, facendo que sexan un gasto de tempo, custosas e con falta de transparencia en como o diñeiro chega ao outro extremo". SWIFT presentou o seu propio servizo mellorado chamado Global Payments Innovation (GPI), declarando que en 2018 fora adoptado por 165 bancos e completaba a metade dos seus pagos en menos de 30 minutos.

SWIFT é unha sociedade cooperativa segundo a lei belga propiedade das institucións financeiras membros e con oficinas en todo o mundo. A sede central de SWIFT está en La Hulpe, Bélxica, preto de Bruxelas. O edificio principal foi deseñado por Ricardo Bofill Taller de Arquitectura e rematouse en 1989. O presidente do consello de dirección de SWIFT é o paquistaní migrado nos EUA Yawar Shah, e o seu CEO, dende xullo de 2019, é o español migrado en Bélxica Javier Pérez-Tasso. SWIFT celebra unha conferencia anual, chamada Sibos, dirixida á industria de servizos financeiros.

SWIFT estivo en varias ocasións no centro da polémica por permitir ao goberno dos EUA monitorizar, e nalgúns casos mesmo interferir, transaccións intra-europeas.

Historia SWIFT foi fundada en Bruxelas o 3 de maio de 1973 baixo o liderado do seu primeiro director xeral, Carl Reuterskiöld (1973–1989), e tivo o apoio de 239 bancos en 15 países. Comezou establecendo estándares comúns, un sistema de procesamento de información compartida para transaccións financeiras e unha rede mundial de comunicacións deseñada por Logica e desenvolvida por Burroughs Corporation. Os procedementos operativos fundamentais, as normas de responsabilidade, etc., establecéronse en 1975, e a primeira mensaxe enviouse en 1977. O primeiro centro operativo de SWIFT en Estados Unidos foi inaugurado polo Gobernador de Virxinia John N. Dalton en 1979.

Estándares SWIFT deveu o estándar para a industria en sintaxe de mensaxes financeiras. Mensaxes formatadas segundo os estándares de SWIFT poden ser lidas e procesadas por moitos dos máis coñecidos sistemas de procesamento, independentemente de que a mensaxe viaxe ou non a través da rede de SWIFT. SWIFT coopera con organizacións internacionais para definir estándares para formato de mensaxe e contido. SWIFT é tamén autoridade de rexistro (RA) para os seguintes estándares ISO:

ISO 9362: 1994, Actividades bancarias – mensaxes de telecomunicacións bancarias - códigos de identificación de bancos. ISO 10383: 2003, Seguranza e instrumentos financeiros relacionados - Códigos para trocos e identificación de mercado (MIC). ISO 13616: 2003, Rexistro de IBAN. ISO 15022: 1999, Seguranza - Esquema para mensaxes (Dicionario de campos de datos) (substitúe o ISO 7775) ISO 20022-1: 2004 e ISO 20022-2: 2007, Servizos financeiros - Esquema universal de mensaxes para o sector financeiro.

Na RFC 3615 urn:swift definiuse como Nome Uniforme de Recurso (URNs) para SWIFT FIN.

Centros de operacións A rede de mensaxería segura de SWIFT funciona con tres centros de datos, un nos Estados Unidos, un nos Países Baixos e un na Suíza. Este centros comparten información practicamente en tempo-real. En caso de fallo nun dos centros de datos calquera dos outros é capaz de manexar o tráfico de toda a rede. SWIFT utiliza cables de comunicacións submarinos para transmitir os seus datos.

SWIFT abriu o seu terceiro centro de datos na Suíza en 2009. No mesmo ano SWIFT presentou unha nova arquitectura distribuída con dúas zonas de mensaxería: europea e transatlántica, desta forma os datos dos membros europeos de SWIFT xa non se replican no centro de datos dos EUA. As mensaxes da zona europea almacénanse nos Países Baixos e nunha parte do centro operativo da Suíza; as mensaxes da zona transatlántica almacénanse nos Estados Unidos e nunha parte do centro operativo da Suíza separado das mensaxes da zona europea. Os países de fóra de Europa almacenaban por defecto na zona transatlántica pero podían escoller gardar as súas mensaxes na zona europea. +Centros de datosSNCentros de datos SWIFTTipo1Zoeterwoude, Países BaixosOPC (Centro operativo)2Culpeper, Virxinia, EUAOPC (Centro operativo)3SuízaOPC (Centro operativo)4Hong Kong, ChinaOrde e control

Rede SWIFTNet SWIFT mudou á súa actual infraestrutura de rede IP, coñecida como SWIFTNet, de 2001 a 2005, substituíndo por completo á infraestrutura X.25 previa. O proceso implicou o desenvolvemento de novos protocolos que faciliten o envío eficiente de mensaxes, utilizando estándares de mensaxes xa existentes e tamén novos . A tecnoloxía escollida para desenvolver os protocolos foi XML, que agora proporciona un envoltorio para todas as mensaxes antigas ou actuais. Os protocolos de comunicación poden dividirse en:

InterAct SWIFTNet InterAct Realtime SWIFTNet InterAct Store and Forward

FileAct SWIFTNet FileAct Realtime SWIFTNet FileAct Store and Forward

Browse SWIFTNet Browse

Arquitectura SWIFT proporciona un mecanismo centralizado de almacenamento e reenvío con algunha xestión de operacións. Para que o banco A mande unha mensaxe para o banco B cunha copia ou autorización á institución C, dálle formato á mensaxe segundo o estándar e envíao de forma segura a SWIFT. SWIFT garante a súa entrega segura e fiábel a B após a correspondente acción de C. As garantías de SWIFT baséanse principalmente nunha elevada redundancia de hardware, software e persoal.

SWIFTNet Phase 2 Durante 2007 e 2008, toda a rede de SWIFT migrou a súa infraestrutura a un novo protocolo chamado SWIFTNet Phase 2. A principal diferenza entre Phase 2 e a anterior configuración é que Phase 2 require que os bancos que se conectan á rede usen Relationship Management Application (RMA) en vez do anterior sistema de bilateral key exchange (BKE). Segundo a base de datos de información pública de SWIFT sobre o tema, o software RMA debería ser máis seguro e máis fácil de manter actualizado; con todo, pasar ao sistema RMA significou que milleiros de bancos ao redor do mundo tiveron que actualizar os seus sistemas de pagos internacionais para cumprir os novos estándares. RMA substituíu por completo a BKE o 1 de xaneiro de 2009.

Produtos e interfaces SWIFT ten varios significados no mundo financeiro:

unha rede segura para transmitir mensaxes entre institucións financeiras; un conxunto de estándares de sintaxe para mensaxes financeiras (para transmisión por SWIFTNet ou calquera outra rede) un conxunto de software de conexión e servizos que permiten ás institucións financeiras transmitir mensaxes pola rede SWIFT.

Ademais do anterior, SWIFT proporciona solucións de chave na man para membros, que consisten en clientes linkage para facilitar a conectividade á rede de SWIFT e "terminais con computadores" (CBT, computer based terminals) que os membros usan para xestionar a entrega e recepción das súas mensaxes. Algunhas das interfaces máis coñecidas e CBT ofrecidos aos seus membros son:

SWIFTNet Link (SNL): software que se instala no sitio web do cliente de SWIFT e abre unha conexión con SWIFTNet. Outros aplicativos só poden comunicarse con SWIFTNet a través de SNL. Alliance Gateway (SAG): software con interfaces (p.ex., RAHA = Remote Access Host Adapter), permitindo a outros produtos de software usar SNL para conectarse a SWIFTNet. Alliance WebStation (SAB) interface de computador para SWIFT Alliance Gateway con varias opcións:

acceso de administrador a SAG, conexión directa a SWIFTNet con SAG, para administrar os certificados SWIFT, conexión a SWIFTNet a través de navegador web (tamén por SAG) para usar os servizos adicionais, como por exemplo Target2.

Alliance Access (SAA) e Alliance Messaging Hub (AMH) son os principais aplicativos de mensaxería de SWIFT, e permiten a creación de mensaxes FIN, enrutamento e monitorización de mensaxes MX e FIN. As principais interfaces son FTA (transferencia de arquivos automatizada, non FTP) e MQSA, unha interface de WebSphere MQ. A Alliance Workstation (SAW) é o software de computador para administración, monitorización e creación de mensaxes FIN. Posto que Alliance Access aínda non é capaz de crear mensaxes MX ten que usarse Alliance Messenger (SAM). Alliance Web Platform (SWP) é unha interface de computador de cliente fino alternativa a Alliance WebStation, Alliance Workstation e Alliance Messenger. Alliance Integrator, desenvolvido con Java Caps de Oracle, que permite aos aplicativos de administración do cliente conectarse a Alliance Access ou Alliance Entry. Alliance Lite2 é unha forma de conectarse á rede de SWIFT segura, fiábel e na nube. É unha versión lixeira de Alliance Access especificamente dirixida a clientes cun volume baixo de tráfico.

Servizos

Hai catro áreas chave que lle corresponden a SWIFT dentro do mercado financeiro: títulos valor, tesouraría e derivados, servizos comerciais e pagos e xestión de efectivo.

Títulos valor SWIFTNet FIX (obsoleto) SWIFTNet Data Distribution SWIFTNet Funds SWIFTNet Accord for Securities (en desuso dende outubro de 2017)

Tesourería e derivados SWIFTNet Accord for Treasury (en desuso dende outubro de 2017) SWIFTNet Affirmations SWIFTNet CLS Third Party Service

Xestión de efectivo SWIFTNet Bulk Payments SWIFTNet Cash Reporting SWIFTNet Exceptions and Investigations

Servizos comerciais SWIFTNet Trade Services Utility

SWIFTREF Swift Ref, a utilidade de datos de referencia de pago global, é o servizo de datos de referencia único de SWIFT. Swift Ref obtén os datos directamente das fontes dos datos, incluíndo bancos centrais, emisores de código e bancos, facilitando a emisores e fontes manter os datos de forma regular e meticulosa. SWIFTRef continuamente valida e cruza datos de diferentes conxuntos de datos.

SWIFTNet Mail