Joyeux Noël é un filme de 2005 escrito e dirixido por Christian Carion. É unha coprodución europea entre Francia, Alemaña, o Reino Unido, Bélxica e Romanía. Baséase na tregua de Nadal ocorrida en decembro de 1914, a través dos ollos de soldados franceses, alemáns e escoceses. Estreouse fóra de competición no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2005.

O filme, que inclúe unha das últimas aparicións de Ian Richardson antes da súa morte, foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 78ª edición dos premios.

Sinopse Chega a Francia o frío decembro de 1914 e a neve acumúlase nas trincheiras opostas que separan as tropas alemás por un lado, e as francesas e escocesas polo outro. Durante a noiteboa cada bando celebra a festa coas súas propias cancións e escoita os aplausos espontáneos procedentes das trincheiras inimigas. Cando chega a quenda dos alemáns, un tenor de ópera mobilizado no exército salta o guión e sae da trincheira cun abeto de Nadal na man e entra na terra de ninguén cantando unha panxoliña. Asombrados, os soldados escoceses responden a esta ousadía poñendo o son das súas gaitas ao servizo do tenor, comezando así o primeiro acto de fraternidade entre os dous bandos, que remata con grandes aplausos entre todos.

Os superiores das tres unidades diferentes reúnense entón e acordan un alto o fogo para o Nadal. Durante a tregua, os soldados dos tres exércitos diferentes protagonizan varios episodios de fraternidade entre si e mesmo amplían a tregua ao día seguinte para que as tres partes recuperen e enterren todos os cadáveres que están no campo de batalla. Non obstante, unha vez iniciada a tregua, tanto os soldados como os superiores xa non poden volver ás armas para loitar en nome dunha guerra que non entenden, e os actos de fraternidade prolónganse.

Personaxes Benno Fürmann como soldado Nikolaus Sprink Guillaume Canet como Tenente Camille René Audebert Diane Kruger como Anna Sørensen Gary Lewis como Padre Palmer Alex Ferns como Tenente Gordon Dany Boon como Soldado Ponchel Daniel Brühl como Tenente Horstmayer Christian Carion como Médico británico Christopher Fulford como Royal Scots Fusiliers Major Mathias Herrmann como Oficial alemán Neil McNulty como soldado escocés Lucas Belvaux como Gueusselin Steven Robertson como Jonathan Suzanne Flon como Chatelaine Bernard Le Coq como Xeneral Ian Richardson como o bispo Thomas Schmauser como o príncipe

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Romanía Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes dirixidos por Christian Carion Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes ambientados en 1914 Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes sobre a primeira guerra mundial