John Walker, nado en Glasgow o 4 de setembro de 1900 e finado en Chelmsford, Essex, o 12 de novembro de 1964, foi un numismático escocés especializado na moeda do mundo islámico.

A súa vida profesional transcorreu vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.

Traxectoria

Primeiros anos e formación John Walker naceu en Glasgow o 4 de novembro de 1900, o máis novo dos sete fillos dun carpinteiro procedente de Banffshire, tamén chamado John Walker, e da súa esposa.Robinson, E. S. G. (1966). Páxina 287.

A súa primeira formación transcorreu entre a John Street School e a Whitehill School, nos anos 1912 a 1918. Logo de servir no exército durante pouco tempo ao final da primeira guerra mundial, ingresou na Universidade de Glasgow,Lang, D. M. (1965). na que en 1922 se graduou cun mestrado en linguas semíticas.Carson, R. A. G.; Mitchel, H. W. (1965). Páxina 255. Walker iniciou tamén o proceso para o doutoramento cunha tese acerca da pedagoxía árabe na Idade Media, aínda que non chegou a concluílo.

Carreira docente Posteriormente acadou a súa habilitación docente na Jordanhill Training College, de Glasgow, e entre os anos 1924 e 1927 residiu en Exipto, onde exerceu a docencia na St Andrew's Boys School de Alexandría.Carson, R. A. G.; Mitchel, H. W. (1965). Páxina 256.

Ao seu regreso a Escocia, en 1927 volveu á Universidade de Glasgow, onde exerceu como profesor axudante de lingua árabe durante un curso. Posteriormente volveu a Exipto, onde pasou tres anos máis (1928-1930) ao servizo do Ministerio de Educación británico.

Carreira no British Museum Logo do seu regreso definitivo ás illas británicas en 1931, Walker atopou traballo no Museo Británico, como conservador axudante do seu Departamento de Moedas e Medallas, e aproveitando o seu coñecemento das linguas semíticas encomendóuselle a catalogación da colección de moeda do mundo islámico, que quedara inconcluso a partir dos catálogos publicados en 1890 por Stanley Lane-Poole.Robinson, E. S. G. (1966). Páxina 288.

O primeiro volume dos catálogos elaborados como resultado deste labor apareceu en 1941, dentro da serie British Museum Catalogues of Coins, mais os traballos tiveron que paralizarse por mor da segunda guerra mundial, e Walker pasou os seus dous anos derradeiros nos servizos de intelixencia da Forza Aérea. De volta ao Museo en 1945 retomou a actividade. Foi ascendido a conservador adxunto en 1949 e a conservador titular en 1952. O segundo volume do catálogo viu a luz en 1956, mais os problemas de saúde comezaron e Walker non puido completar a catalogación conforme estaba previsto.Carson, R. A. G.; Mitchel, H. W. (1965). Páxina 227.Robinson, E. S. G. (1966). Páxina 290.

Desde 1937, John Walker foi tamén profesor de Lingua Árabe e Epigrafía na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS) da Universidade de Londres, posto que desenvolveu ata 1947 en paralelo á súa dedicación ao Museo Británico.Carson, R. A. G.; Mitchel, H. W. (1965). Páxina 259.

Ademais da súa actividade profesional, Walker contribuíu con diversos artigos en varias enciclopedias (Creshan Encyclopaedia, Moslem World e Folklore) sobre temas islámicos e tamén publicou traballos fóra do ámbito numismático, entre eles un libro sobre o Corán en 1931, que se fixo moi popular, e outro en 1934 sobre a medicina popular en Exipto.Véxase (1931) e (1934) en "Bibliografía".

Walker ingresou en 1931 na Royal Numismatic Society, da que foi secretario entre 1948 e 1964, e coeditor da súa publicación Numismatic Chronicle de 1952 a 1964. Entre outras entidades académicas, formou parte tamén da Sociedade de Anticuarios de Londres, da Real Academia das Ciencias de Suecia, do Instituto de Exipto e, a partir de 1958, tamén da Academia Británica.Robinson, E. S. G. (1966). Páxina 289.

John Walker morreu no Hospital de Chelmsford, no condado de Esex, o 13 de marzo de 1964.Robinson, E. S. G. (1966). Páxina 291.

Recoñecementos

Honras

(1942): Doutor honorario pola Universidade de Glasgow. (1963): Comendador da Orde do Imperio Británico.Lang, D. M. (1965). (1964): Doutor honorario pola Universidade Católica de América."Honorary Degrees Conferred by The Catholic University of America. Master List". Universidade Católica de América.

Premios

(1955): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1956): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Publicacións John Walker é autor de máis de 70 artigos sobre numismática publicados nas máis prestixiosas revistas do seu tempo.Carson, R. A. G.; Mitchel, H. W. (1965). Páxinas 260-264. De entre os seus traballos monográficos, os máis salientables son os seguintes:"Walker, John 1900-1964". WorldCat Identities.

(1931). Bible characters in the Koran. A. Gardner, Paisley. (1934). Folk medicine in modern Egypt. Luzac, Londres. (1936). The coinage of the second Saffarid dynasty in Sistan . American Numismatic Society, Nova York. (1941). A catalogue of the Arab-Sasanian Coins. British Muesum, Londres. (1956). A catalogue of the Arab-Byzantine and Post-Reform Umaiyad Coins. British Museum, Londres.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Carson, R. A. G.; Mitchel, H. W. (1965). "John Walker, 1900-1964". En The Numismatic Chronicle. 7ª serie. Vol. 5. Páxinas 225-264. Lang, D. M. (1965). "Obituaries: Dr. John Walker". En Journal of the Royal Asiatic Society. Vol. 97. Nº 1. Páxina 87. Robinson, E. S. G. (1966). "John Walker, 1900-1964". En Proceedings of the British Academy. Vol. 52. Páxinas 287-291.

Outros artigos Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico

Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Nados en Glasgow Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade de Glasgow Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Profesores da Universidade de Londres Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Orde do Imperio Británico Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Glasgow Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de América Categoría:Personalidades sen imaxes