Aimé Constant Fidèle Henry (tamén coñecido como Aimé Constantin Fidelius Henry), nado o 13 de xuño de 1801 en Douai (Francia), e finado o 23 de febreiro de 1875 en Bonn (Alemaña), foi un litógrafo, libreiro, editor, botánico e naturalista alemán de orixe franco-alemá que traballou en Bonn.
Traxectoria Aimé Henry era fillo dun membro do exército revolucionario francés, Charles Albert Joseph Henry, e de Anna Rebekka Mayer, que nacera en Düsseldorf. Aimé Henry chegou a Düsseldorf (Reino de Prusia) contra 1816 e formouse como litógrafo na Compañía Arnz & Winckelmann, que traballa na industria editorial desde 1817. Despois da súa formación e o posterior traballo para Arnz & Winckelmann, Aimé Henry fundou máis tarde o seu propio instituto litográfico o 24 de novembro de 1828, xunto con Maximilian Cohen en Bonn e, uns meses despois instalouse nunha tenda composta por un instituto litográfico, unha tenda de arte e unha tenda de materiais de escritura e debuxo. En 1833 a compañía recibiu o título de membro do Instituto litográfico da Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität de Bonn e, o 6 de maio de 1835, aínda que ningún dos dous socios comerciais era libreiro adestrado, concedéuselle a Henry a licenza de libreiro.
En 1842 Hemry casou con Maria Anna Josepha Eiler, coa qur tivo tres fillos, Joseph, Carl Johann Hubert e Albert.
O 31 de decembro de 1861, a compañía dividiuse, e Henry dirixiu a partir deste momento un instituto de libros, arte e litografía.
Henry tiña unha excelente reputación como litógrafo, e foi considerado un experto neste campo. Nos seus últimos anos Henry tamén traballou como bibliotecario na Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina,Quattrocchi, Umberto (2000): CRC World Dictionary of Plant Names, Volume II, D–L. Boca Raton, Florida: CRC Press. ISBN 978-0-8493-2676-9. e en 1843 foi elixido membro desta douta institución.Aimé Constantin Fidelius Henry na Leopoldina].
Xunto con Theodor Friedrich Ludwig Nees von Esenbeck, Philipp Wirtgen e Karl Wilhelm Arnoldi, Johann Carl Fuhlrott, Ludwig Clamor Marquart e outros, fundou a Asociación Botánica no Medio e Baixo Rin en 1834,Mitglieder Botanischer Verein am Mittel- und Niederrhein zum 31. Juli 1836 a posterior Asociación de Historia Natural da Renania e a Westfalia prusianas,Verzeichnis der Mitglieder des Naturhistorischen Vereins der preussischen Rheinlande und Westphalens (1. Januar 1854). coas que revitalizaron significativamente a exploración botánica da Renania. Tamén foi membro da Sociedade de Científicos e Médicos alemáns.Amtlicher Bericht über die dreiunddreissigste Versammlung der Gesellschaft Deutscher Naturforscher und Ärzte zu Bonn im September 1857. Bonn 1859.
Na súa honra, Christian Gottfried Daniel Nees von Esenbeck nomeou o xénero Henrya da familia das acantáceas.
Henry faleceu en Bonn o 23 de febreiro de 1875, e foi enterrado no vello cemiterio desta cidade.
Abreviatura A abreviatura Henry emprégase para recoñecer a Aimé Constant Fidèle Henry como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
Notas
Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Naturalistas Categoría:Nados no departamento do Norte Categoría:Nados en 1801 Categoría:Finados en 1875