miniatura|Ryusuke Hamaguchi director do filme gañador Esta é unha lista dos filmes propostos na 94ª edición dos Óscar para o mellor filme internacional. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou ás industrias cinematográficas de varios países a presentar o seu mellor filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados. A categoría foi anteriormente chamada mellor filme en lingua non inglesa, mais foi cambiado en abril de 2019 a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada.

Na 94ª edición dos Óscar, os filmes candidatos deben terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2021. A data límite para presentar as propostas foi o 1 de novembro de 2021, cun total de 93 países que presentaron un filme. Somalia presentou unha proposta por vez primeira na historia.

A lista curta de quince candidatos publicouse o 21 de decembro de 2021. Os cinco nomeados finalistas foron anunciados o 8 de febreiro de 2022.

Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Dy Luanë drejt Venecias Albanés e italianoJonid Jorgji O home perfecto AlemánMaria Schrader Héliopolis Árabe e francésDjafar Gacem Had Al Tar ÁrabeAbdulaziz Alshlahei Si le vent tombe Francés, armenio, inglés e rusoNora Martirosyan El prófugo CastelánNatalia Meta When Pomegranates Howl Paxto e persaGranaz Moussavi Große Freiheit AlemánSebastian Meise Daxildəki Ada AzeríRu Hasanov Rehana Maryam Noor BengalíAbdullah Mohammad Saad Un monde FrancésLaura Wandel El gran movimiento CastelánKiro Russo Tabija Bosníaco e inglésIgor Drljaca Deserto Particular Portugués Aly Muritiba Strah Búlgaro Ivaylo Hristov Lunana: A Yak in the Classroom DzongkhaPawo Choyning Dorji Bodeng sar KhmerKavich Neang Rêves cachés Inglés e francésNgang Romanus Les Oiseaux ivres Francés e castelánIvan Grbovic Lingui, les liens sacrés Francés, árabe chadianoMahamat-Saleh Haroun Zátopek ChecoDavid Ondříček Blanco en blanco CastelánTheo Court Xuan ya zhi shang MandarínZhang Yimou Memoria Castelán e inglésApichatpong Weerasethakul Mogadisyu Coreano, inglés, somalí e árabeRyoo Seung-wan Clara Sola CastelánNathalie Álvarez Mesén Tereza37 CroataDanilo Šerbedžija Flee Dinamarqués e inglésJonas Poher Rasmussen La fiera y la fiesta CastelánLaura Amelia Guzmán, Israel Cárdenas Sumergible CastelánAlfredo León León Cenzorka Eslovaco, ucraíno e rusoPéter Kerekes Sanremo EslovenoMiroslav Mandić El buen patrón CastelánFernando León de Aranoa Vee peal EstonianoPeeter Simm Souad ÁrabeAyten Amin Hytti nro 6 Finés e rusoJuho Kuosmanen Titane FrancésJulia Ducournau Digger GregoGeorgis Grigorakis Freda Crioulo haitianoGessica Généus Ma Ma Dik San Kei Siu Ji CantonésJimmy Wan Post Mortem Húngaro e alemánPéter Bergendy Koozhangal TámilP.S. Vinothraj Yuni Indonesio, serang-xavanésKamila Andini Ghahreman PersaAsghar Farhadi Europa Árabe, búlgaro e inglésHaider Rashid Foscadh IrlandésSeán Breathnach Dýrið IslandésValdimar Jóhannsson Vayhi Boker Árabe e hebreoEran Kolirin È stata la mano di Dio ItalianoPaolo Sorrentino Sary mysyq Kazako e rusoAdilkhan Yerzhanov Mission to Rescue SuahiliGilbert Lukalia Shambala Kirguiz e inglésArtykpai Suyundukov Zgjoi AlbanésBlerta Basholli Bedre LetónDace Pūce Kūstā Brāfā, Lubnān ÁrabeMounia Akl Izaokas Lituano, alemán e rusoJurgis Matulevičius Io sto bene Italiano, francés e luxemburguésDonato Rotunno Sestri MacedonioDina Duma Prebet Sapu Malaio e mandarínMuzzamer Rahman Fatsani: A Tale of Survival Inglés e chewaGift Sukez Sukali Luzzu MaltésAlex Camilleri Alā ṣawtuk ÁrabeNabil Ayouch Noche de fuego CastelánTatiana Huezo Poslije zime SerbocroataIvan Bakrač A peor persoa do mundo NorueguésJoachim Trier Do Not Hesitate Neerlandés, inglés e árabeShariff Korver Al-Gharīb ÁrabeAmeer Fakher Eldin Plaza Catedral CastelánAbner Benaim Apenas el Sol Ayoreo e castelánArami Ullón Manco Cápac Castelán e quechuaHenry Vallejo Żeby nie było śladów PolacoJan P. Matuszyński A metamorfose dos paxaros PortuguésCatarina Vasconcelos Dying to Divorce Turco e inglésChloe Fairweather Babardeală cu bucluc sau porno balamuc RomanésRadu Jude Razzhimaya kulaki OsetoKira Kovalenko Oaza SerbioIvan Ikić Jīnxiāo duō zhēnzhòng MandarínWayne Peng The Gravedigger's Wife SomalíKhadar Ayderus Ahmed Tigrar Inglés, sueco e italianoRonnie Sandahl Olga Francés e ucraínoElie Grappe Barakat Afrikaans e inglésAmy Jephta Rang Song Isan e tailandésBanjong Pisanthanakun Pùbù MandarínChung Mong-hong Papillon d'Or Árabe e francésAbdelhamid Bouchnak Bağlılık Hasan TurcoSemih Kaplanoğlu Plokhiye dorogi Ruso e ucraínoNataliia Vorozhbyt La teoría de los vidrios rotos CastelánDiego Fernández Faridaning ikki ming qo'shig'i UzbekoYalkin Tuychiev Un destello interior CastelánAndrés Eduardo Rodríguez, Luis Alejandro Rodríguez Bố già VietnamitaTrấn Thành Doraibu mai kā XaponésRyusuke Hamaguchi Meotkhe Brait’oni Xeorxiano, ruso e inglésLevan Koguashvili Amira ÁrabeMohamed Diab

Cambios O filme xordano Amira foi retirado pola Royal Film Commission de Xordania debido á controversia sobre o tema do filme, centrado nunha nena palestina que descobre que o seu pai real era un garda de prisión israelí e non un prisioneiro palestino. O filme foi criticado por organizacións para os dereitos dos prisioneiros e retirado "por respecto aos sentimentos dos prisioneiros e das súas familias". En edicións anteriores a Academia rexeitara aceptar retiradas por motivos polítcos e non houbo anuncio oficial de se Amira froi realmente retirado da competición. Lituania informou inicialmente que seleccionaba Šuolis de Giedrė Žickytė, mais Izaokas de Jurgis Matulevičius foi a selección final. A academia filipina non enviou un filme por primeira vez desde 2005 citando problemas de fondos e outros relativos á pandemia de COVID-19. O sindicato de directores de Filipinas expresaron publicamente o seu desagrado porque non se enviase ningún filme e indicaron que había filmes elixibles como Fan Girl de Antoinette Jadaone, Hayop Ka! de Avid Liongoren, On the Job: The Missing 8 de Erik Matti e Tagpuan de MacArthur Alejandre.

Notas

94 Categoría:Cinema en 2021