A lingua pa'o (tamén soletreado pa-o e pa'O, ပအိုဝ်ႏဘာႏသာႏ), ás veces chamada taungthu, é unha lingua karénica falada por un millón e medio de persoas do pobo pa'o de Myanmar. Tamén é coñecida como karen negro polas roupas escuras que tradicionalmente viste este pobo.

A lingua escríbese principalmente usando un sistema de fonemas creado polos misioneiros cristiáns, e moitos dos materiais nesta lingua dispoñibles en liña derivan da implicación dos misioneiros cristiáns, a pesar do feito de que o pobo pa'o é maioritariamente budista.

Entre os seus dialectos están o taunggyi e o kokareit.Shintani, Tadahiko. 2020. The Pao language: its Taunggyi and Kokareit dialects. Linguistic survey of Tay cultural area (LSTCA) no. 131. Tokyo: Research Institute for Languages and Cultures of Asia and Africa (ILCAA).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en pa'o

Categoría:Linguas karénicas Categoría:Linguas de Myanmar