miniatura|dereita|Bandeira de Turquía. O nacionalismo turco (en ) é unha ideoloxía política que promove e defende a identidade, cultura e unidade do pobo turco, considerado un grupo nacional étnico e lingüístico.
Historia Despois da caída do Imperio Otomán, Mustafa Kemal Atatürk ascendeu ao poder. Introduciu unha reforma lingüística co obxectivo de "limpar" a lingua turca da influencia estranxeira. Tamén promoveu a Teoría da Lingua do Sol nos círculos políticos e educativos turcos a partir de 1935. Investigadores turcos da época como Hüseyin Cahit Yalçın e Rıfat Osman Bey propuxeron a idea de que os primeiros sumerios eran prototurcos.
Variedades As ideoloxías asociadas ao nacionalismo turco inclúen o panturquismo ou turanismo (unha forma de esencialismo étnico ou racial ou mística nacional), a síntese turco-islámica (que combina o nacionalismo turco coa identidade islámica), o anatolianismo (que considera á nación turca como unha entidade separada que se desenvolveu despois da conquista selxúcida de Anatolia no século XI), e o kemalismo secular e cívico nacionalista.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Arman, Murat Necip. "The Sources Of Banality In Transforming Turkish Nationalism" . CEU Political Science Journal, issue: 02 / 2007, pp. 133–151. Eissenstat, Howard. "Anatolianism: The History of a Failed Metaphor of Turkish Nationalism". Paper presented at Middle East Studies Association Conference, Washington, D.C., novembro de 2002. Tachau, Frank. "The Search for National Identity among the Turks". Die Welt des Islams, New Series, Vol. 8, Issue 3 (1963), pp. 165–176.] Outros artigos Nacionalismo turco en Chipre