Os pronomes persoais son palabras que substitúen o substantivo e sinalan temporalmente seres ou obxectos en determinados contextos. En galego existen os seguintes pronomes persoais:
{| style="border-collapse:collapse; caption-side:bottom;" cellpadding=4 cellspacing=1 border=1 ! ! singular ! plural |- ! primeira persoa | eu, min | nós, nosoutros/nosoutras |- ! segunda persoa | ti | vós, vosoutros/vosoutras |- ! terceira persoael/ela, vostede, si | eles/elas, vostedes, si
Pronomes complemento coa preposición con:
comigo: Carme bailou comigo contigo: Túa nai quería falar contigo consigo (con el/ela): Carlos estivo pelexando con el connosco: Ven xantar connosco convosco: Vou xogar convosco consigo (con eles/elas): Vou ao mercado con elas
Pronomes complemento co resto das preposicións (a, de, por, para...)
min: Estiveron falando de min ti: Este xersei é para ti el, ela: Estás todo o día mirando para ela nós: Elas trouxeron esa agasallo para nós vós: Non esperaba iso de vós eles, elas: Podes ir xogar con eles
Contraccións dos pronomes persoais
Fixádevos que as terceiras persoas (el, ela, eles, elas) contraen coas preposicións de e en:
el ela eles elas de del dela deles delas en nel nela neles nelas
Os pronomes complemento
Pronomes complemento sen preposición:
me te/che o (lo, no); a (la, na); lle nos vosos (los, nos); as (las, nas); lles
me: Viume onte / Deume un regalo te / che: Viute o outro día / Vinche o embigo. Cando ó poñer a frase en terceira persoa o pronome resultante sexa o (lo, no), en segunda persoa será te: vino o outro día -> vinte o outro díaCando ó poñer a frase en terceira persoa o pronome resultante sexa lle, en segunda persoa será che: vinlle o embigo -> vinche o embigo o (lo, no); a (la, na); os (los, nos); as (las, nas)
Cando van diante do verbo sempre se emprega o (non O vin); cando este pronome vai despois do verbo pode adoptar as seguintes formas:
o: emprégase cando o verbo co que vai remata en vocal que non forme ditongo ou en consoante distinta de -r ou -s: cántao, cántano lo: emprégase cando o verbo co que vai remata en -r ou -s: cantalo no: emprégase cando o verbo co que vai remata en ditongo: canteino; comeuno lle; lles: Merqueille un libro ao neno; Xa lles falei de ti. nos: Ela viunos / Xosé pediunos a receita vos: prestáronvos o libro
Contraccións dos pronomes complemento dereita As contraccións destes pronomes co pronome de complemento directo o, os, a, as son:
galego me + o = mo che + o = cho lle + o = llo nos + o = nolo vos + o = volo lles + o = llelo
Por exemplo:
deumo/deicho/deillo ó neno déunolo/déuvolo/déillelo ós nenos
Cómpre saber ademais que ...
O pronome da segunda persoa: che/vos (para o tratamento familiar) ou lle/lles (para o tratamento de cortesía) emprégase en galego cando se quere implicar o noso interlocutor no que estamos a dicir. Estámonos a referir ao pronome de solidariedade. Daquela podemos dicir: o Xan évos unha boa persoa, o Xan élle unha boa persoa, o Xan élles unha boa persoa Cando hai varios interlocutores mesmo pode aparecer dúas veces o pronome de solidariedade, unha en singular e outra en plural: O Xan échevos unha boa persoa Vídeo pedagóxico sobre convosco e connosco (no programa Ben Falado)
Pronomes persoais galegos