Os trastornos depresivos son patoloxías mentais do estado de ánimo e do humor. Implican un estado de ánimo desalentador, entristecido ou deprimido. Están asociados tamén á diminución da autoestima e á perda de interese en actividades coas que antes se gozaba, amais da sensación dun futuro desolador. Preséntanse combinados con manifestacións somáticas, vexetativas, psicomotoras, volitivas e cognitivas. Poden xerar gran malestar social e unha consecuente deterioración da calidade de vida.Gustavo H Vázquez Son a primeira causa de discapacidade no mundo. De feito, segundo a Organización Mundial da Saúde, 300 millóns de persoas no mundo padecen algún trastorno deste tipo.
Sintomatoloxía A depresión pode ser un síntoma, unha síndrome ou unha entidade nosológica. O síntoma depresivo consiste nun sentimento patolóxico de tristeza. A síndrome depresiva constitúe unha combinación de síntomas, como a hipertimia displacentera, tristeza inmotivada ou desproporcionada, perda de interese ou de capacidade para sentir pracer (anhedonia), enlentecemento motor e diminución do apetito, así como perda de peso e de desexo sexual. A entidade nosológica son os trastornos de depresión. Inclúen a ideación suicida e a ansiedade, característicos do trastorno depresivo maior.
Os trastornos depresivos caracterízanse por unha tristeza de suficiente intensidade ou duración para interferir na funcionalidade. En ocasións dáse tamén diminución do interese ou do pracer que poden espertar as actividades cotiás. Descoñécese a causa exacta destes trastornos, mais considérase que contribúen tanto factores xenéticos como ambientais. O tratamento consiste en medicamentos, psicoterapia ou unha combinación de ambos.
Trastornos depresivos Trastorno depresivo maior Trastorno depresivo persistente Trastorno disfórico premenstrual Trastorno depresivo debido a outra enfermidade Trastorno depresivo debido a substancias Trastorno depresivo posparto Trastorno melancólico Trastorno depresivo atípico Ideación suicida e suicidio Depresión endóxena Depresión exógena Trastorno depresivo crónico Depresión enmascarada Trastorno bipolar Trastorno unipolar Trastorno ciclotímico
Notas
Véxase tamén Outros artigos Estado de ánimo Felicidade Sorriso
Categoría:Trastornos mentais