Villaverde é un distrito da cidade de Madrid situado no sur da cidade.
Limita polo norte co distrito de Usera, polo leste co distrito de Villa de Vallecas, polo sur co concello de Xetafe, polo oeste co concello de Leganés. Ten unha superficie 20,19 km² e unha poboación de 159.038 habitantes no ano 2023. Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1954. En 1970 coa reorganización da división administrativa dos distritos, incluíronse ao distrito de Villaverde xunto cos outros 17 distritos que lle dividiron.
Datos históricos
Situado no extremo meridional do concello definido polas estradas de Andalucía e Toledo, é un dos distritos de maior importancia industrial.
Outrora era un núcleo rural das proximidades de Madrid, cuxo termo se explotaba como terra de cereal, ocupado o resto polo pasteiro, algunhas hortas e froiteiras. A industria estaba representada por un centener de fornos para cocer o pan que se vendía en Madrid e por tejares que atendían a demanda de construción madrileña. É a partir de mediados do século XIX cando comeza a transformación de Villaverde, culminada polas posteriores inmigracións. A partir de 1950 o termo deixou de ser agrícola para transformarse en industrial. Ademais caracterízase pola proliferación de barreiras externas como as mencionadas estradas nacionais, e internas como o ferrocarril e as zonas industriais, que dificultan as relacións entre os barrios e cos distritos antigos. Durante moitos anos localizáronse no distrito asentamentos de chabolismo disperos que aos poucos fóronse erradicando.
Barrios Este distrito está dividido en cinco barrios:
Butarque Los Ángeles Los Rosales San Cristóbal Villaverde Alto, Casco Histórico de Villaverde
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Información do distrito Actividades e eventos Direccións e teléfonos Publicacións e convocatorias Participación cidadá Información sobre os Plenos do distrito Retransmisión do Pleno en directo Galería de retransmisións do Pleno
Categoría:Distritos de Madrid