Donato di Niccolò di Betto Bardi, nado en Florencia en 1386 e finado na mesma cidade o 13 de decembro de 1466, foi un famoso artista e escultor renacentista, coñecido co nome de Donatello, un dos pais do período xunta Leon Battista Alberti, Brunelleschi e Masaccio. Donatello converteuse nunha forza innovadora no campo da escultura monumental e no tratamento dos relevos, onde logrou representar unha gran profundidade dentro dun mínimo plano, o que recibe o nome de stiacciato, é dicir, relevo aplanado ou esmagado.

O David de mármore para a catedral de Santa María del Fiore en Florencia foi a súa primeira obra documentada entre 1444 e 1446. Nos anos sucesivos realizou numerosas obras en mármore, terracota, bronce e madeira para diversos mecenas e cidades. Volveu a Florencia en 1459 coa encarga de modelar unhas placas en bronce para a basílica de San Lourenzo e durante a súa elaboración faleceu en decembro de 1466.Historia Universal del Arte (1984)

Entre as súas obras máis importantes atópanse o David de bronce no Museo Nacional do Bargello, o Púlpito exterior da catedral de Prato, a estatua ecuestre de Condottiero Gattamelata en Padua, a María Madalena penitente no Museo dell'Opera del Duomo en Florencia e Xudit e Holofernes no Palazzo Vecchio.Geese, Uwe (1999) páx. 189

Traxectoria miniatura|Retrato de Donatello realizado no século XVI. Museo do Louvre.Pintores italianos no Museo do Louvre. Pinturas da sala 3. Salon Carré. La peinture à Florence du XIIIe au XVe siècle. Donatello foi o fillo de Niccolò di Betto Bardi, un cardador de la, e naceu en Florencia, probabelmente en 1386. O seu pai era de vida tumultuosa e participou na revolta dos Ciompi, un levantamento popular acontecido en 1378, organizado polos cardadores de la. Niccolò Machiavelli describiu esta revolta anos máis tarde (1520-1525) dentro da súa Historia de Florencia. Máis tarde, o seu pai tamén participou noutras accións en contra de Florencia que o conduciron a ser condenado a morte e despois indultado. Foi un personaxe moi diferente ao seu fillo, que era nobre, elegante e delicado, polos seus amigos e demais artistas era coñecido baixo o nome de Donatello.Wirtz, Rolf (1998) páx. 6

Segundo uns informes de Vasari, o artista pasou os seus últimos días abandonado pola fortuna, os seus últimos anos a consecuencia dunha enfermidade paralizante pasounos na cama e sen poder traballar.

Finou en Florencia en 1466 e dispúxose o seu enterramento na basílica de San Lourenzo na cripta so do altar e ao lado da tumba de Cosme o Vello. Entre os homes que portaron o ataúde atopábase Andrea della Robbia. O cenotafio de Donatello foi realizado en 1896 polo escultor Raffaello Romanelli.Wirtz, Rolf (1998) páx. 116

Á súa morte aínda lle quedou unha débeda de 34 floríns de pagamento polo alugueiro da súa casa e isto deu lugar a un debate sobre o seu estado real de pobreza, pero a cuestión parece máis ben relacionada coa súa total indiferenza ante os asuntos financeiros, que en toda a súa vida demostrou ter o artista, polas cuestións económicas. Moitas anécdotas dan testemuño desta actitude, como cando no momento de maior apoxeo de traballo no seu obradoiro, adoitaba colgar unha cesta chea de cartos, da que os seus axudantes se podían aproveitar libremente, segundo fora necesario. Os honorarios que recibiu polo seu traballo aseguráranlle grandes ganancias e tamén por outra parte Cosme de Medici concedéralle unha paga vitalicia semanal até o fin da súa vida.

Formación O artista, segundo Giorgio Vasari, foi educado na casa da familia Martelli; e, é certo que recibiu a súa primeira formación, nun obradoiro de ourivaría. Entre 1402 e 1404 viaxou a Roma con Brunelleschi, para estudar a arte da Antigüidade. Viron unha morea de ruínas antigas que puideron estudar e copiar para posteriormente inspirarse nelas. Vasari afirma que facían escavacións en busca de «anacos de capiteis, columnas, cornixamentos e restos de edificios».Capretti, Elena (2003) páx. 22-23. A súa estada en Roma foi decisiva para o completo desenvolvemento da arte italiana no século XV, foi durante ese período que Brunelleschi estudou as medidas da cúpula do Panteón e doutras construcións romanas. As construcións de Brunelleschi e os monumentos de Donatello foron a expresión suprema do espírito na era en que a arquitectura e a escultura exerceron unha potente influencia nos pintores desta época.

En 1404, Donatello regresou só a Florencia para traballar no obradoiro de Lourenzo Ghiberti, onde axudou na realización da cera para a fundición dos modelos da porta norte do baptisterio de San Xoán, até 1407. Esta actividade permitiulle adquirir os coñecementos fundamentais de xoiaría e ourivaría. De feito, en 1412 existe unha nota no rexistro da corporación de pintores que o nomea como ourive.

Primeiros traballos miniatura|Pequenos profetas (1406-1408), Porta da Mandorla na catedral de Santa María del Fiore, Florencia. O Pequeno profeta da esquerda é o atribuído a Donatello.

O Pequeno profeta realizado para o exterior da Porta da Mandorlana catedral de Santa María del Fiore en Florencia, está considerado coma un dos primeiros traballos producidos por Donatello. Non obstante hai unha controversia sobre a súa atribución, á marxe das diferenzas estilísticas entre as dúas figuras dos pequenos profetas, que poden ser debidas á inexperiencia pola xuventude do artista, tamén pola descrición con obras similares de Nanni di Banco. Na actualidade, o profeta da esquerda atribúese, en maioría, a Donatello, sobre a base de comparacións con outras obras da mesma época, coma o David en mármore. O feito que a outra estatua é probabelmente obra de Nanni di Banco, non é incompatíbel cos documentos da catedral, onde consta que Donatello recibiu en 1406 e 1408 uns pagamentos, en recompensa polo seu traballo en dúas estatuas de profetas (que non son descritas con detalle); naquel momento os dous escultores estaban asociados e participaban na decoración da Porta da Mandorla da catedral.Wirtz, Rolf (1998) páx. 9

En 1408 encargóuselle un David de mármore de medida natural, e que mostra unha escultura máis elaborada, para os contrafortes do coro da catedral; para o mesmo sitio lle encargaron a Nanni di Banco outra estatua na que debería representar ao profeta Isaías. Se se compara ambas as dúas esculturas obsérvase unha flexión do corpo na de Isaías que continúa sendo gótica e que parece non ter un eixe central, mentres, a do David de Donatello, presenta un contrapposto perfecto. Donatello realizouna en mármore cunha altura de 190 centímetros, a gran meticulosidade do rematado recórdanos a influencia que aínda tiña o autor do oficio adquirido durante a súa aprendizaxe no obradoiro de Ghiberti.Ceysson, Bernard, páx. 28-29

Esta obra non se ha de confundir cunha versión posterior sobre o mesmo tema do David que realizou en bronce. Este primeiro David ten un rostro pouco expresivo, cunha coroa de amaranto, símbolo profano, e os membros alongados aínda recordando o estilo gótico tardío, mostra unha colocación de contraste, co punto de soporte nunha perna, correspondido cunha torsión do madeiro oposta, co que forma o clásico contrapposto, o detalle das mans indican un estudo profundo de anatomía. En 1416 foi trasladado ao Palazzo Vecchio e constituíuse como emblema da cidade, engadíndoselle unha placa coa inscrición: «PRO PATRIA FORTITER DIMICANTIBUS ETIAM ADVERSUS TERRIBILISSIMOS HOSTES DII PRAESTANT AUXILIUM»«Os deuses dan soporte á patria con audacia contra os combatentes inimigos máis temíbeis»Wirtz, Rolf (1998) páx. 10 miniatura|esquerda|upright|San Xoán o Evanxelista, no Duomo, Florencia.

Entre 1409 e 1411 realizou a colosal figura sedente de San Xoán o Evanxelista, que até 1588 ocupou unha fornela na fachada antiga da catedral, ao lado do portal central, con outros tres evanxelistas de autores diferentes: San Marcos de Niccolò di Piero Lamberti, San Lucas de Nanni di Banco, San Mateo de Bernardo Ciuffagni.Geese, Uwe (1999) páx. 185 Dende 1990 encóntrase colocada nunha capela do Duomo. Nesta obra, Donatello deu expresión ao seu manierismo gótico tardío e non só coas referencias cruzadas coa nobre postura das antigas estatuas, senón buscando unha verdadeira humanidade na expresión do rostro do santo coa disposición frontal, probabelmente influído pola cabeza do Xúpiter Capitolino, ombros e torso xeometricamente simplificados de acordo coa concepción semicircular, na parte inferior da figura a estilización favorece unha naturalidade máis acentuada, as mans son realistas e a roupaxe que envolve as pernas aumenta os volumes dos membros. A estatua coa súa carga de forza contida representou un importante modelo para o Moisés de Michelangelo.Historia del Arte Espasa, (2004) páx. 698

Orsanmichele miniatura|San Marcos. A igrexa de Orsanmichele é un edificio que na súa orixe foi construído para convento dunha comunidade de monxas, máis tarde se utilizou para tribunal civil e despois para mercado de cereais, até ser destinado ao culto mariano. En 1366, as arcadas da praza foron pechadas polo arquitecto Francesco Talenti e en 1404 ordenouse que cada «Arte de Florencia» (os gremios) colocase nunha das catorce fornelas das pilastras exteriores a imaxe do seu santo padroeiro. Así, Orsanmichele converteuse nun lugar público de exposición exterior a nivel da vista. As estatuas, feitas por diferentes artistas e materiais, fóronse trasladando para asegurar a súa conservación. A maioría delas atópanse na planta superior da igrexa, convertida nun museo inaugurado en 1996.Castelfranchi Vegas, Liana (1997) páx. 14

Donatello participou coas encargas do San Marcos para o Gremio dos Fiadores (1411-1413), o San Xurxo para o Gremio dos fabricantes de armaduras (1415-1417) e o San Lois de Tolosa para o Gremio dos Capitáns da parte dos güelfos (1422-1425).

San Marcos San Marcos está retratado como un antigo filósofo coa cabeza con barba e vestido cunha túnica anoada á cintura. O rostro está esculpido cunha expresión de seriedade digna e de integridade espiritual, que recorda a do San Xoán o Evanxelista duns poucos anos atrás. A perna esquerda de san Marcos, ten unha suave inclinación, nunha forma ponderada, pero non quita que a actitude sexa recta e solemne. O pequeno xiro do corpo fai sobresaír lixeiramente a figura da fornela, evitando a rixidez dunha posición estritamente frontal. A mirada do santo parece perderse no horizonte. Coa man esquerda, suxeita un libro aberto, que é o atributo clásico dos evanxelistas. Michelangelo eloxiou esta escultura dicindo, segundo Vasari: «nunca vira unha figura co aire de tan bo home como esta e que se san Marcos tivera realmente estas características, entón podía crer cegamente no que el escribira».Wirtz, Rolf (1998) páx. 14

A estatua foi quitada do seu lugar en 1941, para protexela dos bombardeos da segunda guerra mundial e, novamente en 1977 para empezar unha restauración. Nesta ocasión limpáronse as zonas escurecidas, que estiveran a ennegrecer a figura, para que aparecese a pátina de bronce e conseguir unha harmonización coas estatuas de mármore e as de bronce de Orsanmichele, redescubriuse no modelo os restos do dourado no cabelo, a barba, as beiras da vestidura, o libro e no coxín onde apoia os pés a estatua. O orixinal encóntrase no Museo de Orsanmichele e colocouse unha copia no exterior.

San Xurxo miniatura|esquerda|San Xurxo. O San Xurxo de 1417 co tabernáculo, obra tamén de Donatello, foi unha encarga do Gremio de fabricantes de armaduras; o resultado viña condicionado porque, evidentemente, o gremio quería unha obra onde tivesen protagonismo as armas e armaduras. A figura, lixeiramente en rotación arredor do eixe central, baséase na superposición de tres liñas ovais: a cara coas cellas, o peito e o escudo. O trazo da cabeza, na dirección oposta á do torso, é un recurso do artista para dinamizar a obra.Wirtz, Rolf (1998) páx. 15-17