miniatura|dereita|250px|Bandeira do Movemento Papúa Libre. O Movemento Papúa Libre (en ) é un termo que fai referencia a un movemento independentista xurdido durante o ano 1965 nas provincias de Papúa e Papúa Occidental, en Indonesia, territorios coñecidos anteriormente como Papúa, Irian Jaya e West Irian.

O movemento consta de tres elementos: un grupo dispar de unidades armadas cada unha cun control territorial limitado sen un único comandante; varios colectivos do territorio que realizan manifestacións e protestas; e un pequeno grupo de líderes radicados no estranxeiro que sensibilizan sobre os problemas do territorio ao tempo que loitan polo apoio internacional á independencia.

Desde a súa creación, o Movemento Papúa Libre tentou un diálogo diplomático, realizou cerimonias de izado da bandeira da estrela da mañá e emprendeu accións militantes como parte do conflito de Papúa. Os seguidores amosan habitualmente a bandeira da Estrela da Mañá e outros símbolos da unidade de Papúa, como o himno nacional "Hai Tanahku Papua" e un escudo nacional, que fora adoptado no período de 1961 ata que comezou a administración indonesia en maio de 1963 baixo o acordo de Nova York. O movemento militante está considerado como unha organización separatista en Indonesia, e a axitación pola independencia das provincias incorreu en acusacións de traizón.

Notas

Véxase tamén Outros artigos República de Papúa Occidental

Categoría:Independentismo en Indonesia Categoría:Movementos independentistas Categoría:Movementos de liberación nacional Categoría:Conflito de Papúa