Todo lo otro é unha serie de televisión española de 2021 orixinal de HBO España creada e protagonizada por Abril Zamora, compartindo protagonismo con Juan Blanco, David Matarín, Nuria Herrero, Andrea Guasch, Marta Belenguer, Raúl Mérida, Miguel Bernardeau e Alberto Casado, entre outros. A serie comezou a emitirse o 26 de outubro de 2021 en HBO Max e conta a historia dun grupo de amigos na trintena atrapados nunhas vidas que non eran as que soñaban, mentres intentan avanzar e atopar o seu oco na cidade de Madrid.

Sinopse Dafne (Abril Zamora) é unha muller que ten un traballo aburrido, o seu mozo acaba de deixala e acaba de descubrir que está namorada do seu mellor amigo, César, un mozo asturiano que ademais é o seu compañeiro de piso. Os seus amigos tamén están moi perdidos, os seus ligues non son o que ela espera e mesmo a súa xefa non é feliz coa vida que leva.

Elenco

Abril Zamora como Dafne Juan Blanco como César David Matarín como Yerai María Maroto como Eva Nuria Herrero como Amaya Bea de la Cruz como Raquel Marta Belenguer como Aurora Andrea Guasch como Martina Pepe Lorente como Juancho Raúl Mérida como Manuel Alejandro Vergara como Sergio e coa voz de Alberto Casado como Narrador

Coa colaboración especial de Miguel Bernardeau como Iñaki (Episodio 3 - Episodio 5)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión de HBO Max