Bernhard Meyer, nado o 24 de agosto de 1767 en Hanau, Hesse (Alemaña), e finado o 1 de xaneiro de 1836 preto de Offenbach am Main (literamente, "Offenbach do Meno"), foi un médico, botánico e zoólogo (ornitólogo e teriólogo) alemán.
Traxectoria Meyer primeiro traballou como médico e, máis tarde, fundou unha empresa farmacéutica. Con este negocio fixo fortuna, e daquela dedicouse en exclusiva desde entón á historia natural. Meyer foi o coautor, xunto con Gottfried Gaertner e Johannes Scherbius, de Oekonomisch-technische Flora der Wetterau (1799), obra na que lle deu o nome científico a numerosas plantas. Tamén foi o coautor, xunto con Johann Wolf, de Naturgeschichte der Vogel Deutschlands (1805), e de Taschenbuch der Deutschen Vogelkunde (1810).
Entre os numerosaon taxon da súa autoría, foi o descritor da orde dos piciformes, da clase das aves.
Abreviaturas Botánica A abreviatura B.Mey. emprégase para indicar a Bernhard Meyer como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.Meyer, Bernhard (1767-1836) no IPNI. Zooloxía A abreviatura Meyer emprégase para recoñecer a Bernhard Meyer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía. Notas
Véxase tamén
Bibliografía Erwin Stresemann (1975): Ornithology, from Aristotle to the present. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. ISBN 0-6746-4485-9.
Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Nados en Hessen Categoría:Nados en 1767 Categoría:Finados en 1836