Manuel López Esperón, coñecido como Manolo Campañó, nado en Campañó (Pontevedra) o 12 de xullo de 1924 e finado en Vigo o 1 de xaneiro de 2021, foi un político galego.

Traxectoria Fixo estudos de maxisterio. Na República participou nas Juventudes Socialistas Unificadas. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 ingresou no Partido Comunista de España a principios dos anos corenta. Foi membro do comité comarcal, intercomarcal e provincial do PCE. Foi secretario de axitación e propaganda e despois secretario de organización. Organizou os comités comarcais do PCE de Vilagarcía de Arousa, Ponte Caldelas, Caldas de Reis e O Cachafeiro. Foi enlace da guerrilla antifranquista, contactando con Julio Bazarra Constenla e Vicente López Novo. Foi detido en Vigo, onde estaba tratando de reorganizar o PCE, a principios de xuño de 1948, cando caeu a organización comunista na provincia de Pontevedra, con Carlos Crespo Alfaya, Severino Domínguez Rey, Jesús Carrera Barreiro e Gonzalo Velasco. Xulgado en consello de guerra, foi condenado a 12 anos, que cumpriu na prisión de El Dueso. Saíu en liberdade vixiada en agosto de 1952.BOE, 1-9-1952, p. 3987. Asistiu ao V congreso do PCE.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Manuel López Esperón (Manolo Campañó) Manuel López Esperón, Manolo Campañó (2ª parte)

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes