O Hospital Abente y Lago é un centro hospitalario público situado no centro da Coruña, pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Anteriormente funcionou como hospital militar. Recibiu o seu nome por Ezequiel Abente y Lago, que foi o seu director durante a repatriación dos soldados procedentes da guerra de Cuba.Hospital Abente y Lago

Historia miniatura|esquerda|Placa do traspaso ao SERGAS En 1626 construíuse nos terreos do actual hospital, coñecidos como Campo do Espírito Santo, o Hospital do Rei. Estaba rodeado polo Hospital do Bo Suceso, que atendía aos militares, pola capela do Espírito Santo e a polvoreira. En 1658 estoupouse esta última, provocando graves danos nos edificios próximos, incluído o Hospital Real, que tivo que ser restaurado antes de volver funcionar a finais do século.

En 1725 o enxeñeiro Francisco Montaigú deseñou a ampliación do Hospital do Rei, incorporando a capela do Espírito Santo.

En 1798 o Capitán Xeneral Pedro Martín Cermeño propuxo que se derrubasen os dous hospitais para construír un hospital único no lugar. Porén, este proxecto non se levou a cabo ata o período entre 1861 e 1866, creando o chamado Hospital Militar do Bo Suceso. O autor do proxecto foi o enxeñeiro Joaquín Montenegro.

O hospital sufriu o 13 de febreiro de 1946 un incendio provocado por un curtocircuíto que arrasou o seu interior, polo que tivo que ser remodelado e modernizado.

O Ministerio de Defensa pechouno en 1995, incorporándose ao Servizo Galego de Saúde o 28 de maio de 1996. Recibiu o nome de Hospital Abente y Lago en 1998, cando comezou a atender pacientes,El Abente y Lago cumple 10 años e a inauguración tivo lugar o 19 de abril de 2001.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Turgalicia

Categoría:SERGAS Categoría:Hospitais de Galicia Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:A Coruña