Garrulus, é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos.
Comprende tan só tres especies que son comunmente coñecidas como gaios.gaio no Dicionario da RAG.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson,Garrulus Brisson, 1760 no GBIF. Consultado o 8 de decembro de 2021. na súa obra Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés. Volume 2. París: Jean-Baptiste Bauche. p. 47. ,.
Etimoloxía O nome científico Garrulus está tirado da raíz garr- do termo latino garrulus, derivado de garrīre "charlar", "falar rapidamente" (probabelmente de orixe imitativa), co adición de -ulus, sufixo do latín científico que enota "acción repetitiva".garrulous no Merriam-Webster Dictyonary.Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 171.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente (2021) válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Garrula Temminck, 1827 Garrulis Bartram, 1793
Especies Recoñecense no xénero as seguintes 3 especies:Garrulus Brisson, 1760 no ITIS. Consultado o 8 de decembro de 2021. Garrulus glandarius (Linnaeus, 1758) = Corvus glandarius Linnaeus, 1758 (protónimo) Garrulus lanceolatus Vigors, 1831 Garrulus lidthi Bonaparte, 1850
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Mayr, Ernst & Greenway, James C. Jr, eds. (1962): Check-list of birds of the world Volume 15. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 228. Outros artigos Paseriformes Córvidos
Categoría:Córvidos