miniatura|370x370px|Dólar de ouro de 1856, da Casa da Moeda de Filadelfia. O dólar de ouro estadounidense é unha moeda de ouro que formou parte das emisións regulares da Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint) en todas as súas cecas entre 1849 e 1889. Esta moeda foi deseñada polo gravador xefe da US Mint, James Barton Longacre, e tivo tres tipos durante as súas décadas de produción; o primeiro deles supón a moeda máis pequena de todas as emitidas nos EEUU.

Nas décadas de 1830 e de 1840 propúxose en diversas ocasións a emisión dunha moeda de ouro con valor facial dun dólar, aínda que non chegou a materializarse. Finalmente, o Congreso dos EEUU autorizou esta emisión en 1849 ante o aumento da cantidade de lingotes de ouro producido pola "febre do ouro" de California. Nos seus primeiros momentos, a nova moeda cubriu un espazo baleiro na circulación, dado que os dólares de prata estaban a atesourarse ou a exportarse. No entanto, a prata volveu á circulación a partir de 1853, cando o Congreso determinou unha redución do seu metal, e os dólares de ouro comezaron a ser cada vez máis raros no comercio, ata a súa desaparición da circulación durante a guerra civil estadounidense.

O dólar de ouro non retornou á circulación ata 1879, aínda que non chegou a utilizarse tanto como na primeira época. Nos seus derradeiros anos de produción as cantidades cuñadas foron moi pequenas, o que provocou a especulación, e mesmo pasou a ser demandada para a fabricación de xoias. A súa emisión regular finalizou en 1889 e o ano seguinte o Congreso decidiu formalmente o final da serie.

Antecedentes Na súa proposta de 1791 para o establecemento dunha casa de moeda e para a creación dun sistema monetario, o secretario do Tesouro dos EEUU, Alexander Hamilton, prevía a cuñaxe de moedas dun dólar tanto en prata como en ouro, que eran os dous metais que se propuña que tivesen curso legal.Taxay, Don (1983). Páxina 50. Mais o Congreso seguiu a recomendación de Hamilton unicamente no relativo ás cuñaxes de prata, e inicialmente non se chegou a facer emisión ningunha en ouro.Taxay, Don (1983). Páxina 66.

esquerda|miniatura|280x280px|Cuñaxe privada de 5 dólares de ouro realizada por Christopher Bechtler.

En 1832 cuñouse un primeiro dólar de ouro en Carolina do Norte, no obradoiro privado de Christopher Bechtler, quen tamén cuñou moedas de 2,5 e de 5 dólares. Unha gran parte do ouro producido daquela nos Estados Unidos procedía das zonas montañosas de Carolina do Norte e de Xeorxia, e os dólares cuñados por Bechtler comezaron a circular por esa rexión e, nalgunhas ocasións, en zonas máis afatadas. Nos anos seguintes, tamén cuñou dólares de ouro de xeito privado August Bechtler, o fillo de Christopher.Bowers, Q. D. (2011). Páxina 1.Yeoman, R. S. (2013). Páxinas 377-378."North Carolina Gold and Christopher Bechtler’s Private Mint". Blue Ridge National Heritage Area (https://blueridgeheritagetrail.com)

Pouco despois de que os Bechtler comezasen a facer as súas emisións privadas, o secretario do Tesouro, Levi Woodbury comezou a defender a idea de que a US Mint uñase moedas oficiais dun dólar de ouro. O daquela director da Casa da Moeda dos EEUU, Robert M. Patterson, no entanto, opúñase, aínda que Woodbury convenceu o presidente Andrew Jackson para producir unhas poucas moedas a modo de proba. En consecuencia, o director Patterson viuse obrigado a encargarlle ao daquela segundo gravador da ceca, Christian Gobrecht, que detivese o traballo que estaba a realizar para o novo dólar de prata e se dedicase ao deseño e á produción das probas do dólar de ouro. Esta primeira proposta de Gobrecht, de 1836, representaba un gorro da liberdade rodeado por raios nunha das súas faces e unha póla de palma disposta en círculo, co valor, a data e o nome do país na outra.Bowers, Q. D. (2011). Páxina 1."1 Dollar "Gold Dollar" Pattern". Numista.com

Valorouse a posibilidade de incluír o dólar de ouro na reforma das emisións monetarias (Mint Act) de 1837. O xornal de Filadelfia Public Ledger apoiou o dólar de ouro baseándose no seu pequeno tamaño, que o faría máis manexable que o seu equivalente de prata.Taxay, Don (1983). Páxinas 200-201. No entanto, logo da comparecencia do director Patterson ante un comité do Congreso, a disposición que autorizaba a creación do dólar de ouro foi eliminada do proxecto de lei.Taxay, Don (1983). Páxina 200.

Proceso de aprobación esquerda|miniatura|211x211px|Robert M. Patterson, director da US Mint entre 1835 e 1851.

En xaneiro de 1844, o representante de Carolina do Norte James Iver McKay, presidente do Comité de Medios e Arbitrios, solicitou a opinión do director Patterson acerca do dólar de ouro. Patterson ordenou a cuñaxe de máis exemplares do modelo presentado por Gobrecht para llos amosar aos membros do comité e, novamente, desaconsellou a produción regular da moeda, por mor do seu reducido tamaño (soamente 13 milímetros). Patterson indicoulle ao secretario do Tesouro, John C. Spencer, que as únicas moedas de ouro dun tamaño similar que estaban en circulación, as de medio escudo españolas e colombianas, non gozaban de popularidade e xa non estiveran en produción nos últimos vinte anos. Este ditame pareceu convencer o comité, xa que non fixo nada máis polo momento e, cando a idea da creación do dólar de ouro se retomou en 1846, o comité presidido por McKay recomendou non cuñar esta moeda.Taxay, Don (1983). Páxina 201.

Xa antes de 1848, chegaran ás cecas estadounidenses grandes cantidades de ouro para seren cuñadas, e o xurdimento da febre do ouro en California acrecentou enormemente estas cantidades.Bowers, Q. D. (2001). Páxina 77. Tal situación fixo que se renovase a petición de cuñar moedas dun dólar de ouro, así como algún valor superior aos 10 dólares, que era a única moeda dese metal que se estaba a producir. En xaneiro de 1849, McKay presentou un proxecto de lei para o dólar de ouro, que lle foi remitida ao seu comité. Na prensa do momento discutiuse moito acerca da nova proposta; un xornal publicou unha proposta de dólar de ouro de forma anular, é dicir, cun gran orificio central, para aumentar o seu pequeno diámetro mantendo o seu peso legal. McKay modificou a súa lexislación para prever unha nova moeda de ouro de 20 dólares e escribiulle a Patterson, quen lle contestou que o dólar de ouro anular non tería éxito.Taxay, Don (1983). Páxina 203. Non obstante, o sucesor de Gobrecht como gravador xefe da US Mint, James B. Longacre, preparou novas probas, algunhas das cales incluían un orificio cadrado no medio.Bowers, Q. D. (2011). Páxina 3.

McKay conseguiu que o seu colega demócrata, o senador por New Hampshire Charles Atherton, presidente do Comité de Finanzas do Senado, presentase nesta cámara un proxecto de lei para autorizar o dólar de ouro e a moeda de 20 dólares o 1 de febreiro de 1849. McKay presentou unha versión no Senado o 20 de febreiro e os debates comezaron ese mesmo día. A idea da creación do novo dólar foi atacada polos representantes do partido Whig, daquela minoría na cámara, aducindo que sería demasiado pequeno, que se falsificaría e que se podería confundir coa xa existente moeda de 10 centavos, dun tamaño similar. A postura de McKay foi a de que, se non se vía unha clara reclamación popular deste novo valor en ouro, non se lle solicitaría á casa da moeda e non se cuñaría.

O representante de Pensilvania Joseph Ingersoll, do partido Whig, amosouse contrario ao proxecto de lei, sinalando que Patterson se opuña aos novos valores en ouro (un e vinte dólares) e que a idea fora xa rexeitada en numerosas ocasións. Outro representante do partido Whig, Charles Hudson, de Massachusetts, indicou que Patterson enviara ao seu comité unha proba verdadeira do dólar de ouro e outra falsa e que a maioría dos membros do comité foran incapaces de apreciar a diferenza. McKay non respondeu a estes comentarios, pero outros si que o fixeron, como o congresista por Nova York Henry Nicoll, quen asegurou á cámara que as acusacións de falsificación eran moi esaxeradas. A cuestión era, segundo indicou, que as moedas de ouro de 20 dólares e dun dólar eran requiridas pola poboación e, no caso desta última, podía contribuír a que o diñeiro circulase en cantidades pequenas nos lugares onde non se aceptaba o papel moeda. O representante de Connecticut John A. Rockwell, do partido Whig, tratou de presentar o proxecto de lei, mais a súa moción foi rexeitada. Finalmente, o proxecto atopou unha oposición mínima no Senado e converteuse en lei o 3 de marzo de 1849.Taxay, Don (1983). Páxina 204.

Preparación esquerda|miniatura|254x254px|Autorretrato de James Barton Longacre, gravador xefe da US Mint, deseñador e gravador do dólar de ouro.

Os funcionarios da Casa da Moeda, entre eles o cuñador xefe, Franklin Peale, eran na súa maior parte familiares e amigos do director Patterson. O único que non tiña ligazón ningunha con el era o gravador xefe, James B. Longacre,Taxay, Don (1983). Páxinas 205-206. que sucedera neste posto a Gobrecht (falecido en 1844). Longacre, un antigo gravador de pranchas de cobre, fora nomeado no seu posto grazas á influencia política do senador por Carolina do Sur John C. Calhoun.Bowers, Q. D. (2006). Páxina 56.

Cando Longacre comezou a traballar nos deseños das novas moedas en 1849, non tiña axudante ningún. O ano seguinte, Longacre escribiu que fora informado por un empregado da ceca de que un dos seus altos funcionarios (sen dúbida Peale) planeaba socavar a súa posición como gravador xefe para facer que os traballos de deseño e de preparación dos cuños se subcontratasen fóra da casa da moeda. En consecuencia, Longacre informou o director Patterson de que estaba disposto a comezar a facer estes traballos inmediatamente; este amosouse conforme e, logo de ver un modelo da cabeza deseñada para o anverso do dólar de ouro, autorizou a Longacre para que comezase a produción dos cuños. Segundo Longacre:Taxay, Don (1983). Páxina 206.

Deseños

Deseño orixinal (dólar tipo 1) Tipo 1 "1 Dollar "Liberty Head" Type 1". Numista.com300x300pxCabeza coroada da Liberdade. Arredor: 13 estrelas de seis puntas.Valor facial e data dentro de coroa. Arredor: UNITED STATES OF AMERICA· Datas: 1849-1954

· Cecas: Filadelfia, Charlotte, Dahlonega, N. Orl., S. Fco.

· Gravador: J. B. Longacre.

· Aliaxe: ouro (90 %) e cobre (10 %).

· Diámetro: 13 mm.

· Peso: 1,672 g.

· Canto: estriado.

A primeira versión da moeda dun dólar, que se produciu entre 1849 e 1854 (coñecida como "tipo 1"), representa nos seus anversos a cabeza dunha personificación da Liberdade, co cabelo recollido nun moño, ollando cara á esquerda e cunha pequena coroa ou tiara coa inscrición LIBERTY. A cabeza está rodeada por trece estrelas que representan os estados orixinais da Unión. Nos seus reversos aparece a data de emisión e o valor facial dentro dunha coroa, coa inscrición UNITED STATES OF AMERICA preto do bordo.Bowers, Q. D. (2004). Páxina 25.

Os rexistros das cuñaxes indican que os primeiros dólares foron cuñados o día 7 de maio de 1849: Porén, os apuntamentos no diario de Longacre apuntan ao día seguinte. En calquera caso, o primeiro día cuñouse unha pequena cantidade de pezas cun tratamento especial (proof), xunto con aproximadamente un milleiro destinadas á circulación.Bowers, Q. D. (2011). Páxina 4.Breen, W. (1988). Páxina 476.