Xosé Antonio Moreno, nado en Vigo en setembro de 1952 e finado na mesma cidade o 2 de decembro de 2001, foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de filosofía nun instituto vigués. Deuse a coñecer en 1995 coa publicación de O cable inglés, libro de relatos co que gañou o premio Café Dublín.

Finou en Vigo aos 49 anos de idade.

Obra O cable inglés, 1995, Galaxia.O cable inglés na páxina web da editorial. Matar a Kerenski, 1998, Galaxia.Matar a Kerenski na páxina web da editorial. Reminiscencias de Bob Dylan, 2000, Galaxia.Reminiscencias de Bob Dylan na páxina web da editorial.

Premios Premio Café Dublín en 1994. Premios Modesto R. Figueiredo en 1996.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes