O Batallón Henri Vuillemin ou Batallón Vuillemin foi unha unidade das Brigadas Internacionais durante a Guerra civil española integrado por franceses e belgas principalmente. O nome alude ao revolucionario francés Henri Vuillemin.
Creado o 12 de decembro de 1936, absorbeu máis tarde a membros superviventes do batallón Louise Michel. Primeiro foi parte da XIII Brigada Internacional e o 5 de agosto de 1937 foi transferido á XIV. O 23 de abril de 1938 foi disolto de maneira definitiva.
Véxase tamén
Ligazóns externas EPR Orde de batalla da XIII Brigada EPR Orde de Batalla da XIV Brigada The International Brigades in the Spanish War 1936- 1939: Flags and Symbols, Associació Catalana de Vexicología.
Categoría:Brigadas Internacionais