Manuel Ángel Rodríguez Fernández, nado en Esgos o 1 de maio de 1937, é un político galego de centrodereita xa retirado que foi alcalde de Esgos.
Traxectoria Presentouse ás primeiras eleccións da democracia encabezando a lista da UCD e obtivo un resultado superior ao 80% dos votos, cunha maioría absoluta. Repetiu a maioría absoluta de maneira sistemática nas seguintes convocatorias, con resultados superiores ao 80% e maiorías esmagadoras, pero encabezando distintas candidaturas. En 1983 fíxoo co Partido Galeguista-Coalición Galega, en 1987 con AP, en 1991 con Centristas de Galicia (só o 78%) dos votos, e en 1995 e 1999 co PPdeG (nesta última convocatoria, só o 73% dos votos).
En 1987 renunciou á alcaldía (pero mantivo a acta de concelleiro), e foi substituído polo sobriño Miguel Ángel Rodríguez González. Ao cabo de dous anos, en 1989, volveu á alcaldía.
Vida persoal O sobriño, Mario Rodríguez, foi tamén despois alcalde de Esgos.
Notas
Categoría:Alcaldes de Esgos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia por AP Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Esgos Categoría:Nados en 1937