Helena de Constantinopla (ca. 250- ca. 330), canonizada pola Igrexa católica como Santa Helena, foi a nai do emperador Constantino I. A tradición atribúelle a conversión do seu fillo ao cristianismo, así como o achado das reliquias da Santa Cruz.
Vida Non se coñece con seguridade a data e lugar exactos do seu nacemento. Con todo, é moi posible que nacese en Drepanon, na provincia de Bitinia, en Asia Menor, posto que á súa morte a cidade foi renomeada como Helenópole polo seu fillo. En canto á data, Eusebio de Cesárea indica que andaba polos oitenta anos cando regresou da súa viaxe a Terra Santa,Eusebius, Vita Constantini 3.46. o que situaría o seu nacemento algo antes do 250.Harbus, 13.
As súas orixes familiares son escuras. Segundo a tradición iniciada por Santo Ambrosio, era filla de pousadeiros.Ambrose, De obitu Theodosii 42; Harbus, 13. Con todo, dado que era habitual recalcar a orixe humilde das principais figuras do cristianismo, é posible que se trate dunha invención sen demasiado fundamento.
Tampouco se sabe con seguridade se estaba casada co pai de Constantino, Constancio, nin a a data de nacemento do neno, aínda que a maior parte da historiografía sinala o 272 como a data máis probable.Barnes, CE, 3, 39–42; Elliott, Christianity of Constantine, 17; Odahl, 15; Pohlsander, "Constantine I"; Southern, 169, 341.
En calquera caso, Helena foi repudiada por Constancio cando este casou coa filla do emperador Maximiano, Teodora.Barnes, CE, 8–9. O matrimonio teríase celebrado nunha data descoñecida, que oscila entre os anos 289 e 293.Origo 1; Victor, Caes. 39.24f; Eutropius, Brev. 9.22.1; Epitome 39.2; Pan. Lat. 10(2).11.4, citado en Barnes, CE, 288 n.55. O matrimonio supuxo a confirmación da carreira de Constancio, que acabaría por recibir o nomeamento de César, como membro da Tetrarquía, no ano 293.
Helena gañou gran relevancia pública trala crise da familia de Constantino no 326. Nese ano, Constantino, que era xa o único emperador, mandou asasinar o seu fillo primoxénito, Crispo, e á súa muller, Fausta. Pouco despois, Helena iniciou unha viaxe por Terra Santa. A historiografía considerou tradicionalmente que esta viaxe obedecía a un desexo de expiar as culpas —tanto as de Helena como as de Constantino— tralos asasinatos.
Porén, a viaxe debeu de ter un claro carácter político. Constantino derrotara o seu colega Licinio, que gobernaba a parte oriental do imperio, no 324. Ademais de reforzar a autoridade do seu fillo sobre esta parte do imperio, a viaxe aseguraba a alianza entre Constantino e a Igrexa. Segundo Eusebio de Cesárea, Helena mandou edificar a igrexa da Natividade en Belén e o santuario do Monte das Oliveiras, que serían dotados con abundantes riquezas.
Após a viaxe, Helena regresou a Roma, onde morreu arredor do ano 329. Foi soterrada no que estaba destinado a ser o mausoleo da familia, situado a carón da Via Labicana. Os restos do edificios son aínda visibles na área de Torpignattara (Roma). Así mesmo, pódese contemplar nos Museos Vaticanos o sarcófago de pórfiro que, segundo o consenso dos especialistas, serviu para sepultar os seus restos.
Achado das reliquias da Santa Cruz miniatura|A descoberta dos restos da Santa Cruz. Piero della Francesca, frescos da Capela Bacci, Arezzo (ca. 1465) miniatura|Sarcófago de Helena no Museo Pio-Clementino, Museos Vaticanos, Roma Segundo unha tradición moi popular, Helena atopou os restos da Cruz da Paixón de Xesucristo durante a súa viaxe a Terra Santa. De feito, Santa Helena aparece en numerosas obras de arte portando a Cruz.
Emporiso a historiografía dubida de que este relato sexa verídico. A primeira fonte conservada a informar do achado é do ano 351, uns vinte e cinco anos despois da viaxe de Helena. Trátase dunha carta do bispo de Xerusalén, Cirilo, a Constancio II, que rememora o achado en tempos de Constantino, pai de Constancio. Nesa carta non se relaciona a Santa Helena co achado da Cruz, unha historia que non se comezará popularizar até finais do século IV.
Por tanto, a maior parte dos estudosos pensan que o relato está relacionado coa propaganda cristiá, interesada en suliñar a estreita relación entre os emperadores –Constantino en particular– e a Igrexa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Barnes, Timothy D. Constantine and Eusebius (CE in citations). Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, 1981. Drijvers, Jan Willem. "Evelyn Waugh, Helena and the True Cross ." Classics Ireland 7 (2000) Elliott, T. G. The Christianity of Constantine the Great . Scranton, PA: University of Scranton Press, 1996. Harbus, Antonia. Helena of Britain in Medieval Legend. Rochester, NY: D.S. Brewer, 2002 Odahl, Charles Matson. Constantine and the Christian Empire. New York: Routledge, 2004 Pohlsander, Hans. The Emperor Constantine. Londres e Nova York: Routledge, 2004. Hardcover Paperback
Ligazóns externas Santa Helena en Catholic Online
Categoría:Nados en 250 Categoría:Finados en 330 Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia