Mariam al-Asturlabi ou Al-'Ijliyah bint al-'Ijli al-Asturlabi (en ), foi unha astrónoma e fabricante de astrolabios no norte de Alepo, na actual Siria.

Traxectoria Coñecida como al-'Ijli al-Asturlabi. Segundo Ibn al-Nadim, Mariam al-Asturlabi foi unha aprendiz (tilmīthah) de Muḥammad ibn ʿAbd Allah Nasṭūlus.

Mariam al-Asturlabi desenvolveu e fabricou astrolabios, un instrumento astronómico para a navegación, durante o século X. Traballou ao servizo de Sayf al-Dawla, emir de Alepo que gobernou entre 944 e 967.

O asteroide do cinto principal 7060 Al-'Ijliya, descuberto por Henry E. Holt no Observatorio Palomar en 1990, recibiu o seu nome.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Astrolabio: o iPhone do século XIII Diario Sabah O GPS e as súas orixes islámicas, La Estrella Online, 3 de outubro de 2013

Categoría:Nados en Alepo Categoría:Astrónomos do mundo islámico medieval