A miña noite con Maud (en ) é un filme francés de 1969 dirixido por Éric Rohmer. É o terceiro filme (o cuarto segundo a orde de estrea) na serie Contes moraux. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 42ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.

Estreouse subtitulado en galego o 20 de xaneiro de 2008 a través da TVG.

Sinopse Na cidade de Clermont-Ferrand, poucos días antes de Nadal, Jean-Louis un enxeñeiro novo e devoto católico que acaba de regresar do estranxeiro, fíxase durante unha misa nunha muller loira e decide nese momento que se converterá na súa esposa. Atopa logo por casualidade a Vidal, un vello amigo comunista, que o invita a unha cea de noiteboa na casa dunha amiga divorciada, Maud. A noite transcorre entre longas conversas sobre o matrimonio, a moral, a relixión, Pascal... Primeiro entre os tres, e despois entre Jean-Louis e Maud, unindo a partes iguais sinceridade e sedución.

Personaxes Jean-Louis Trintignant como Jean-Louis Françoise Fabian como Maud Marie-Christine Barrault como Françoise Antoine Vitez como Vidal Leonid Kogan como el mesmo Guy Léger como predicador Anne Dubot como amiga loira Marie Becker como Marie Marie-Claude Rauzier como estudante

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 42ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1969 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Éric Rohmer Categoría:Filmes de 1969 con versión en galego