Coa morte nos talóns (en ) é un filme estadounidense de 1959 producido e dirixido por Alfred Hitchcock. Está protagonizado por Cary Grant, Eva Marie Saint e James Mason. O guión foi escrito por Ernest Lehman, que quería escribir "o filme de Hitchcock para rematar todas os filmes de Hitchcock". Coa morte nos talóns é unha historia de identidade equivocada, cun home inocente perseguido por todos os Estados Unidos por axentes dunha misteriosa organización que intentan evitar que bloquee o seu plan de sacar de contrabando un microfilme que contén segredos do goberno. Esta é un dos filmes de Hitchcock que inclúe unha partitura musical de Bernard Herrmann e unha secuencia de título inicial do deseñador gráfico Saul Bass, e foi a primeira en presentar un uso prolongado da tipografía cinética nos seus créditos de apertura.

Coa morte nos talóns é considerado un dos filmes canónicos de Hitchcock da década de 1950 e a miúdo é considerado un dos mellores filmes de tódolos tempos. En 1995, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo". Despois da súa primeira proxección, os críticos de The New Yorker e The New York Times aclamárono inmediatamente como unha obra mestra da comedia e unha sofisticada autoparodia.

Estreouse en galego o 21 de xaneiro de 2007 a través da TVG.La Voz de Galicia, 21 de xaneiro de 2007. Páx. 71

Sinopse Roger O. Thornhill é un executivo publicitario de Nova York a quen uns espías confunden cun axente do goberno, George Kaplan, polo que queren asasinalo. Consegue escapar por pouco, mais ségueno de preto e o goberno non pode sacalo da situación porque teñen un dos seus axentes encubertos infiltrado entre eles que sería descuberto e asasinado por eses espías se fixesen algo. Nesta situación Thornhill coñece unha atractiva muller, Eve Kendall, que o axuda.

Personaxes Cary Grant como Roger Thornhill Eva Marie Saint como Eve Kendall James Mason como Phillip Vandamm Jessie Royce Landis como Clara Thornhill Leo G. Carroll como o Profesor Josephine Hutchinson como "Mrs. Townsend" Philip Ober como Lester Townsend Martin Landau como Leonard Adam Williams como Valerian Edward Platt como Victor Larrabee Robert Ellenstein como Licht Les Tremayne como poxador Philip Coolidge como Dr. Cross Patrick McVey como Sarxento Flamm Edward Binns como Capitán Junket Ken Lynch como Charlie

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 1959 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Alfred Hitchcock Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de espionaxe Categoría:Filmes sobre as Nacións Unidas Categoría:Filmes de 1959 con versión en galego