Tiantuo é unha serie de pequenos satélites experimentais da República Popular da China.
Características Os satélites Tiantuo son satélites experimentais con cargas diversas, desde observación da Terra a probas de novas tecnoloxías no espazo. Todos foron construídos pola Universidade Nacional de Tecnoloxías de Defensa.
Tiantuo 1 Tiantuo 1 foi lanzado o 10 de maio de 2012 a bordo dun foguetes CZ-4B a unha órbita de 468 x 471 km. Tiña unha masa de 9 kg e forma de caixa cunhas dimensións de 425 x 410 x 80 mm. A bordo leva experimentos para a obtención de imaxes, a detección de osíxeno atómico en órbita e un receptor do sistema marítimo AIS.
Tiantuo 2 Tiantuo 2 tiña unha masa de 67 kg. Leva a bordo catro videocámaras para retransmitir en directo e seguir obxectivos en tempo real. Foi lanzado o 8 de setembro de 2014 mediante un foguete CZ-4B.
Tiantuo 3 (Luliang 1) Tiantuo 3, tamén coñecido como Luliang 1, leva varios experimentos tecnolóxicos a bordo, entre eles receptores dos sistemas AIS e ADS-B e un monitorizador de lume. Foi lanzado o 19 de setembro de 2015 no voo inaugural do foguete CZ-6.
Tiantuo 5 Tiantuo 5 foi lanzado o 23 de agosto de 2020 a bordo dun foguete CZ-2D. Foi lanzado para probar tecnoloxías relacioandas coa recollida de datos de buques e aeronaves.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasTiantuo 110 de maio de 2012CZ-4BÉxitoTiantuo 28 de setembro de 2014CZ-4BÉxitoTiantuo 319 de setembro de 2015CZ-6ÉxitoTiantuo 523 de agosto de 2020CZ-2DÉxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos CZ-2D CZ-4B CZ-6
Categoría:Satélites artificiais