Tianzhou (en chinés tradicional e simplificado: 天舟; en pinyin: Tiānzhōu; en ) é a primeira nave de carga desenvolvida pola República Popular da China para dar servizo ás súas estacións espaciais.

Características Os cargueiros Tianzhou teñen unha masa de case 13 toneladas, forma cilíndrica e un par de paneis solares para producir energxía. A súa estrutura deriva da primeira estación chinesa, Tiangong 1, e o primeiro Tianzhou deu servizo á estación Tiangong 2. Os cargueiros son lanzados mediante foguetes CZ-7 desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang.miniatura|Representación dunha Tianzhou.|centro Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasTianzhou 120 de abril de 2017CZ-7ÉxitoTianzhou 229 de maio de 2021CZ-7ÉxitoTianzhou 320 de setembro de 2021CZ-7ÉxitoTianzhou 49 de maio de 2022CZ-7ÉxitoTianzhou 512 de novembro de 2022CZ-7ÉxitoTianzhou 610 de maio de 2023CZ-7ÉxitoTianzhou 717 de xaneiro de 2024CZ-7Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos CZ-7 Tiangong 1

Categoría:Satélites artificiais