Matías López López, nado en Santa Mariña de Sarria o 17 de maio de 1825 e finado en Madrid o 18 de xuño de 1891, foi un industrial e político galego, benfeitor do concello de Sarria.

Traxectoria Primeiros anos Industrial chocolateiro en Madrid, político e filántropo sarriao, foi o membro máis destacado da familia dos "Moreno" de longo asentamento na vila de Sarria. Matías López López, fillo e neto de labregos pobres, naceu na casa paterna que na fronteira á rúa ten unha lápida que di: É unha das máis humildes e reducidas casas da Sarria histórica, e no catastro de Ensenada (1753) aparece sendo titular dela unha María López.

Actividade empresarial

Emigrado a Madrid en 1840, montou unha factoría para a elaboración de chocolate e produtos de pastelería. Alcanzou un grande éxito económico e postos de relevancia na política e no mundo empresarial, sendo destacado promotor do asociacionismo ó redor da Cámara de Comercio madrileña.

Política Foi deputado polo distrito de Sarria (1872-1873 e 1876-1879), senador pola provincia de Lugo (1877) e designado senador vitalicio en 1883. O seu sobriño Venancio Vázquez López fixo fortuna en Madrid e tamén participou na vida política da capital do Estado, sendo tenente de alcalde de Madrid.

Vida persoal Formou familia en Madrid, casou con Andrea Andrés Sánchez, e alí, e no Escorial, naceron e morreron os seus fillos, sobrevivindo as fillas Rosa, Carme e Asunción, das que quedou unha numerosa descendencia.

Após a súa morte, a súa viúva, Andrea Andrés Sánchez, obtivo da Santa Sé o título de Marquesa de Casa López.

Filantropía En cumprimento de disposición testamentaria de Matías López, con cargo á súa testamentaría edificouse o edificio das Escolas Públicas de Sarria, grazas ao legado de 110.000 pesetas, segundo proxecto redactado por Luís Bellido. O construtor foi José Rivas Novoa, veciño de Lugo. As escolas, dotadas con moderno material, foron proba do cariño que Matías López tivo con Sarria, a onde se desprazaba con moita frecuencia malia a dificultade das comunicacións con Madrid, tendo todo xénero de deferencias para coa súa terra natal.esquerda|300pxEn 1878 o concello, dado que o reloxo de Santa Mariña estaba inservible, prégalle a Matías López que adquira un en Madrid, ao que accede en 1885, dando 500 pta. e ofrecendo máis se fixesen falla, para algunhas medidas excepcionais por mor da epidemia de cólera. No ano 1886 o concello acordou obsequiar a Matías López cunha serenata, no mes de agosto, por xoves afeccionados. En 1888 acordan darlle o nome de rúa Matías López ó treito comprendido entre as casas de Juan Puga e a de Bernardo Rodríguez Romay, pasando pola igrexa de Sta. Mariña, para as que Matías López doou as vidreiras, "xa que mirou ó pobo sempre con cariño e predilección, interesándose pola súa grandeza e distinguíndoo con algún donativo". Matías López paga os letreiros das rúas e acordan darlle outra serenata.

En 1890 dirixiu carta sobre supresión de Xulgados. Diríxense a este e ó Conde Pallares, Manuel Becerra, Benigno Quiroga e L. Ballesteros para xestionar que non se suprima o de Sarria.

A súa viúva impulsou o Hospital Municipal Campo de Outeiro, inaugurado en 1909.

Recoñecementos Gran Cruz de Isabel la Católica Encomienda de Isabel la Católica Legion d’Honneur Unha das rúas principais de Sarria leva o seu nome

Notas

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Sexenio Democrático

Categoría:Senadores de Galicia

Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1825 Categoría:Finados en 1891