Ellie Highwood é unha climatóloga inglesa e profesora de física da atmosfera na Universidade de Reading. O seu foco de investigación son as partículas atmosféricas e o clima, en concreto o impacto dos aerosois no cambio climático, e as simulacións con modelos climáticos.
Traxectoria Estudou física na Universidade de Manchester e estudou para o título de doutora na Universidade de Reading.
Foi directora do departamento de Física da atmosfera da Universidade de Reading dende 2012 ata 2015. Anteriormente fora membro do RMetS Council and Education Committee. O 1 de outubro de 2016 converteuse na 81.ª Presidenta da Real Sociedade Meteorolóxica (RMetS), cargo que desempeñou ata o ano 2018.En 2015 asumiu tamén as funcións de Decana para a diversidade e a inclusión na Universidade de Reading,compartidas co profesor Simon Chandler-Wilde.
O seu traballo foi discutido en publicacións notables, como The Independent e a BBC. Ela mantivo que arrefriar o planeta artificialmente inxectando pequenas partículas reflectoras á atmosfera (como propuxo Paul Crutzen, por exemplo) podería "causar secas e caos climático" nos países pobres, aínda que tamén afirmou que sería "prudente" explorar alternativas ao recorte de emisións de carbono que poidan axudar nas próximas décadas".
Escolma de publicacións
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista para la Sociedad Meteorológica Real
Categoría:Alumnos da Universidade de Reading Categoría:Alumnos da Universidade de Manchester Categoría:Ecoloxistas do Reino Unido Categoría:Físicos do Reino Unido Categoría:Climatólogos do Reino Unido Categoría:Profesores da Universidade de Reading Categoría:Nados en 1961