Ann Henderson-Sellers, nada o 7 de marzo de 1952 en Sheffield, Yorkshire, é unha xeógrafa e climatóloga australiana de orixe británica.

Traxectoria Estudou Matemáticas na Universidade de Bristol e acadou o título de doutora en ciencias atmosféricas pola Universidade de Leicester en 1976 coa tese A theoretical study of the evolution of the atmospheres and surface temperatures of the terrestrial planets. O examinador da tese foi James Lovelock, cuxa hipótese de Gaia inspirou a Ann, converténdose nunha das principais líderes da área Ciencia dos Sistemas Terrestres, disciplina creada polo propio Lovelock.

En 1987 trasladouse a Australia, onde foi directora fundadora do Centro de Impactos Climáticos da Universidade de Macquarie. Posteriormente foi vicerreitora do Royal Melbourne Institute of Technology . Entre 1998 a 2005 foi directora da División Ambiental da Asociación da Ciencia Nuclear e Tecnoloxía de Australia.En 1999 acadou o doutoramento en Ciencias do clima.

Tamén formou parte do equipo do Proxecto de intercomparación dos esquemas de parametrización da superficie terrestre do Programa Mundial de Investigaciones Climáticas.en inglés World Climate Research Programme

Actuou como consultora da Universidade das Nacións Unidas sobre diversos aspectos do impacto do cambio climático. Tamén foi unha das autoras do Segundo informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático en 1995.

Entre 2005 to 2007 foi a directora do Programa Mundial de Investigaciones Climáticas con sede en Xenebra, nas oficinas da Organización Meteorolóxica Mundial(OMM).

En 2008 escribiu un ensaio The IPCC Report: What The Lead Authors Really Think no que analiza as distintas perspectivas do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (GICC), principalmente o Cuarto informe de avaliación do IGCC.

É profesora emérita da Universidade de Macquarie.

Premios e recoñecementos

Membro electo da Academia Australiana de Ciencias Tecnolóxicas e Enxeñaría (2000) Membro electo da Sociedade Meteorolóxica Americana Medalla Centenario de Australia (2003)

Escolma de publicacións

Notas

Referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na Universidade Macquarie

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Científicos de Australia Categoría:Climatólogos de Australia Categoría:Xeógrafos de Australia Categoría:Alumnos da Universidade de Leicester Categoría:Alumnos da Universidade de Bristol Categoría:Nados en Yorkshire Sur Categoría:Personalidades sen imaxes