Pedro Brandariz Gómez, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) o 11 de febreiro de 1978 e finado en Calo (Teo) o 22 de febreiro de 2022, foi un actor e monologuista galego. Formou parte da compañía teatral galega Teatro do Astracán, fundada en 2012.

No mesmo ano do seu pasamento, recibiu unha homenaxe do concello da Coruña ao ser situada unha silueta súa na céntrica Praza do Humor.

Traxectoria Foi colaborador da CRTVG, participando en programas como o Luar. No ano 2018, recibiu un Mestre Mateo na 16ª edición dos premios á mellor serie web por Peter Brandon, unha vida pola comedia, na que participaron os actores Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro. No ano 2022, recibiu postumamente un Premio Mestre Mateo na 20ª edición dos premios ao mellor actor pola súa actuación en Jacinto.

Entre os seus espectáculos, salientan Os poderes de Rosalía, Contos Choqueiras e O Inventor das Palabras.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web

Categoría:Actores de Oleiros Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Nados en 1978 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista