Jenő Kalmár, tamén nado coñecido como János Kalmar ou Kálmár Jenő, nado en Mocsolád o 21 de marzo de 1908 e finado en Málaga o 13 de xaneiro de 1990, foi un futbolista e adestrador húngaro.

Traxectoria Como xogador militou en varios equipos, principalmente no MTK Hungária FC, e foi internacional coa selección de Hungría. Durante a tempada 1928-29 rematou como máximo goleador do MTK, marcando 20 goles.

Comezou a súa carreira como adestrador a principios da década de 1950, á fronte do Honvéd, un equipo no que xogaban entre outros Ferenc Puskás, Zoltán Czibor, Sándor Kocsis, József Bozsik, László Budai, Gyula Lóránt e Gyula Grosics. Con Kalmár como técnico, o club gañou catro títulos da liga húngara, e os seus xogadores formaron a base da lendaria selección húngara coñecida como o Equipo de Ouro. Foi ademais axudante do seleccionador húngaro Gusztáv Sebes. Ao final da segunda guerra mundial atopábase en Iugoslavia, onde adestrou o FK TSC Bačka Topola, coñecido por aquel entón como Egység.

Tras adestrar o Wacker Wien, chegou a España, onde adestrou varios equipos da Primeira e a Segunda División. Dirixiu brevemente o Sevilla CF, antes de coller as rendas do Granada CF, club que guiou ata a final da Copa do Xeneralísimo de 1959. O encontro disputouse no estadio Santiago Bernabéu, sendo o seu rival o FC Barcelona. A vitoria foi para o club catalán por 4-1, con dous goles do seu antigo xogador Kocsis, e sendo Arsenio o autor do único tanto do Granada.

Nos seguintes anos pasou por varios equipos españois máis, logrando un ascenso a Primeira co Granada, e dirixiu tamén o Porto portugués e o Halmstads BK sueco. En 1967 levou o Espanyol ao terceiro posto da liga e tres anos despois conseguiu ascender á máxima categoría o CD Málaga.

Palmarés

Como xogador Hungária FC

Liga húngara (1): 1928/29.

Honvéd

Copa de Hungría (1): 1931/32.

Como adestrador Hungária FC

Liga húngara (4): 1950, 1952, 1954, 1955.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do adestrador na LFP . Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007.

Datos do adestrador no sitio web do Sevilla FC . Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Datos do adestrador en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1908 Categoría:Nados en Hungría Categoría:Finados en 1990 Categoría:Futbolistas de Hungría Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do MTK Budapest FC Categoría:Xogadores do Stade de Reims Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Hungría Categoría:Adestradores de fútbol de Hungría Categoría:Adestradores do Budapest Honvéd FC Categoría:Adestradores do Sevilla FC Categoría:Adestradores do Granada CF Categoría:Adestradores do FC Porto Categoría:Adestradores do Real Valladolid Categoría:Adestradores do RCD Espanyol Categoría:Adestradores do CD Málaga Categoría:Adestradores do Hércules CF