O porco de pé é unha novela satírica de Vicente Risco publicada en 1928 pola Editorial Nós, ambientada nunha vila ourensá a comezos do século XX.

Historia e características A primeira obra narrativa de Risco é Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros. Despois, nos números 39 e 40 de Nós inseriu Risco o comezo de Os europeos en Abrantes. O porco de pé retoma o ambiente e o ton burlesco da obra anterior e é unha diatriba da burguesía, unha sátira do castelán que chega a ser alcalde nunha cidade galega. Os personaxes, como se ve no seguinte fragmento do texto, son caricaturas e arquetipos:

A novela conta a historia de Don Celidonio, que veu de Castela traballar de mancebo nunha tenda e foi ascendendo socialmente tras casar coa filla do dono.

Perante D. Celidonio, o representante dos intelectuais na novela é o doutor Alveiros, que, achándose en espantosa soidade, remata por claudicar, sumándose ás hostes do alcalde e cacique don Celidonio.

Traducións e edicións A obra publicouse orixinariamente en 1928 na Editorial Nós. En 1972 reeditouna Editorial Galaxia, con ilustracións de Xohán Ledo, nun volume único con outras narracións. Incluíuse posteriormente na Biblioteca Básica da Cultura Galega e mais na Biblioteca Galega 120.

En 2003 editouna de novo Galaxia na Biblioteca Vicente Risco, da colección Literaria, e en 2021 publicou unha edición ilustrada, preparada por Raquel Vila-Amado e Tomás González Ahola.

A novela traduciuse ao castelán da man de Miguel Hernández Sola co título de El cerdo de pie (Trama Editorial, 2001; colección Largo Recorrido)Ficha en BiTraGa. e ao catalán por Eduard del Castillo Velasco co título de El porc dempeus (Fundación Vicente Risco, 2013)Ficha en BiTraGa..

Ademais, en 2022 a obra levouse ao teatro da man de Producións Excéntricas, co texto adaptado por Pepe Sendón, dirección de Quico Cadaval, e actuación de Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Biblioteca Básica da Cultura Galega Biblioteca Galega 120 Ligazóns externas

Categoría:Obras literarias de 1928 Categoría:Novelas en galego Categoría:Novelas ambientadas en Ourense Categoría:Vicente Risco