Filloa Express é un colectivo musical coruñés con diversas formacións e integrantes dedicado ao jazz de diferentes estilos pero entendido nun senso moderno (nunha das últimas formacións son un dúo de saxofóns con caixa de ritmos). Foi fundado polos saxofonistas Antonio Ferreiro e Fito Ares, do bar Filloa Jazz e tiveron o seu bautismo no primeiro festival de Jazz da Coruña, sendo abreconcertos de Tete Montoliu. Teñen feito parte de Filloa Express desde Nani García e Alberto Conde a José Luis Evangelista ou Kin García.
Categoría:Grupos musicais de jazz Categoría:Grupos musicais da Coruña Categoría:Música de Galicia sen imaxes