miniatura|A Rolda de noite, 1642. A pintura de Rembrandt é revolucionaria, substitúe o tradicional retrato en grupo, estático e harmoniosamente ordenado, por un fragmento vital, desordenado e tumultuoso.

Rembrandt Harmenszoon van Rijn, nado en Leiden o 15 de xullo de 1606 e finado en Ámsterdam o 4 de outubro de 1669, foi un pintor e gravador neerlandés, considerado un dos grandes pintores europeos da historia da arte e o máis importante do seu país. As súas contribucións á arte producíronse nun período que os historiadores denominaron século de ouro holandés no cal a influencia política, a ciencia, o comercio e a cultura holandesas chegaron ó seu cumio.

Habendo alcanzado o éxito na mocidade, os seus últimos anos estiveron marcados pola traxedia persoal e a ruína económica. Os seus debuxos e pinturas foron sempre moi populares, gozando tamén de gran predicamento entre os artistas, e durante vinte anos converteuse no mestre de practicamente todos os pintores neerlandeses. Entre os maiores logros creativos de Rembrandt están os maxistrais retratos que realizou para os seus contemporáneos, os seus autorretratos e as súas ilustracións de escenas bíblicas. Nos seus autorretratos, especialmente, atopamos sempre a mirada humilde e sincera dun artista que trazou neles a súa propia biografía.

Nas primeiras composicións de Rembrandt está presente a influencia de Caravaggio, pero xa dende pronto afirma a súa linguaxe persoal, onde a atmosfera dourada e os efectos luminosos con figuras que emerxen das sombras caracterizan a súa pintura ata presentar a realidade desfigurada. A súa percepción psicolóxica humaniza tanto os protagonistas dos seus abondosos retratos como os personaxes de escenas bíblicas. A espiritualidade das súas pinturas, con formas cada volta máis desfiguradas, faise compatible coa realidade material.

Rembrandt tiña un profundo coñecemento da iconografía clásica, e nas súas pinturas e gravados adoitaba interpretala libremente para axustala á súa propia experiencia. Así, na representación dunha escena bíblica Rembrandt adoitaba combinar o seu propio coñecemento do texto co seu particular concepto da composición clásica e algunhas observacións anecdóticas da poboación xudía de Ámsterdam. Pola empatía con que retratou a condición humana, Rembrandt foi considerado "un dos grandes profetas da civilización".

Ningún artista combinou nunca tan delicada habilidade con tanta enerxía e poder.Diccionario biográfico Chambers.

O seu tratamento da humanidade soborda de simpatía.J.O.Thorne, 1962.

As dúas etapas da vida de Rembrandt (a próspera e a adversa) reflíctense nas súas obras, e moi especialmente nos autorretratos. Mentres que os primeiros son alegres e brillantes, os dos últimos anos teñen un carácter moito máis sereno e escuro, cunha profundidade superior. Todas as súas obras son plenamente barrocas, e están dominadas pola acción, o dramatismo e un realismo derivado da observación do mundo que o rodeaba.

Traxectoria miniatura|esquerda|170px|Autorretrato con capa e ollos moi abertos, augaforte e buril, 1630. Primeiros anos RembrandtA "d" apareceu no seu apelido en cadros asinados en 1633. Anteriormente, "Rembrant" identificara os seus cadros cunha combinación de iniciais e anagramas, tal como Durero adoitaba facer. En 1632, o artista empezou a asinar co seu primeiro apelido, "Rembrant". Ao ano seguinte empezou a utilizar a nova grafía do seu primeiro apelido, e mantívoa durante o resto da súa vida. Aínda que só se pode especular, apuntouse que esta decisión poida deberse á súa vontade de ser recoñecido polo seu nome, como os grandes artistas do Renacemento -Rafael, ou Leonardo- e reflectía o orgullo profesional dun gremio de crecente prestixio. Véxase esta páxina para máis información sobre a firma de Rembrandt. Harmenszoon van Rijn foi o noveno fillo do matrimonio formado por Harmen Gerritszoon van Rijn e Neeltgen Willemsdochter van Zuytbrouck.Bull, et al., p. 28. De familia acomodada -o seu pai era muiñeiro e a súa nai a filla dun panadeiro, profesións entón moi lucrativas-, Rembrandt recibiu a súa educación básica en latín, e posteriormente asistiu á Universidade de Leiden. Segundo os seus coetáneos, o mozo xa manifestaba unha marcada afección á pintura, que lle levou a converterse en aprendiz dun pintor histórico de Leiden chamado Jacob van Swanenburgh, con quen estudaría durante tres anos. Tras un breve pero intenso aprendizaxe de seis meses co soado Pieter Lastman, en Ámsterdam, Rembrandt inaugurou o seu propio estudo en Leiden en 1624 ou 1625 -as datas difiren segundo cada fonte-, que compartiría co seu amigo e colega Jan Lievens. Pieter Lastman é o que máis lle influíu e o que lle transmitiu as tendencias italianas máis de moda; proba diso é que as súas primeiras obras, como Lapidación de San Estebo, están moi influenciadas polo seu estilo. Alí o seu estilo foi evolucionando desde uns inicios de cor brillantes e xestos esaxerados ata chegar a ter un gran dominio do clarescuro; esta técnica tan típica do Barroco é a máis característica da súa obra, e a que lle dá máis forza e personalidade. En 1627, Rembrandt empezou a impartir clases de pintura, e entre os seus numerosos alumnos destacou Gerrit Dou.Slive escribiu unha biografía completa sobre este personaxe, vid. páx. 55 e ss.

En 1629 Rembrandt foi descuberto polo estadista Constantijn Huygens -pai do soado matemático e físico Christiaan Huygens-, quen lle facilitaría importantes encargos da corte da Haia. Como resultado desta relación, o mesmo príncipe Frederik Hendrik foi adquirindo obras de Rembrandt ata 1646.Slive, pp. 60, 65

A vida con Saskia miniatura|esquerda|170px|Retrato de Saskia van Uylenburg (c. 1635) miniatura|170px|Titus coma un monxe (1660), retrato de Titus van Rijn, o fillo de Rembrandt e Saskia, vestido de monxe. A finais do 1631, como consecuencia da morte do seu pai, Rembrandt trasladouse a Ámsterdam, a nova capital das empresas dos Países Baixos que vivía un crecemento económico importante. En Ámsterdam Rembrandt comezou a exercer como retratista profesional por primeira vez, e fíxoo cun grande éxito. Asociou co marchante Hendrick van Uylenburgh, a través de quen coñeceu a Saskia van Uylenburgh, que era filla do seu curmán Rombertus van Uylenburgh, con quen casou o 22 de xuño de 1634.Slive, p. 60-61 Saskia era unha moza de boa familia: o seu pai fora avogado e burgomaestre de Leeuwarden. Cando Saskia quedou orfa, sendo a irmá máis nova, tivo que irse vivir coa súa irmá en Het Bildt. O matrimonio, celebrado na igrexa local de St. Annaparochie, non contou coa asistencia dos parentes de Rembrandt. Ese mesmo ano Rembrandt converteuse nun membro máis da burguesía de Ámsterdam, así como da sociedade local de pintores. Entre os seus novos alumnos figuraban Ferdinand Bol e Govert Flinck.Bull, et al, p. 28

En 1635 o novo matrimonio mudouse á súa nova casa, situada no elegante barrio de Nieuwe Doelenstraat. En 1639, o matrimonio volveuse a mudar a unha casa, máis cara (o edificio é actualmente a sede da casa-museo Rembrandt), situada ao sur da rúa Sint Antoniesbreestraa, tramo que máis tarde pasaría a chamarse Jodenbreestraat (Rúa Maior Xudía), xa que esta zona de Ámsterdam estábase convertendo no barrio xudeu, a hipoteca para financiar a compra foi de 13.000 floríns;A débeda contraída para poder pagar esa casa converteuse nun pesadelo económico para Rembrandt que lle perseguiría toda a súa vida. esta sería unha das causas principais para as súas posteriores dificultades financeiras. En realidade, Rembrandt podía haber pago sobradamente o piso, pero ao parecer o seu nivel de gastos sempre se mantivo equilibrado co seu nivel de ingresos, e tamén puido realizar algúns investimentos pouco afortunados. Foi alí onde Rembrandt tratou a miúdo cos seus veciños xudeus, que serían modelo para as súas escenas do Antigo Testamento.Adams, p. 660 Pese á inicial bonanza económica, co paso do tempo a parella atravesou numerosos reveses: así, o seu fillo Rumbartus morreu aos dous meses do seu nacemento, en 1635, e a súa filla Cornelia morreu ás tres semanas de idade, en 1638. En 1640 o matrimonio tivo unha segunda filla, á que tamén chamaron Cornelia, e que faleceu ao cabo dun mes. Só o seu cuarto fillo, Titus van Rijn (nacido en 1641) chegou a alcanzar a madurez. Saskia faleceu en 1642, ao pouco do parto de Titus, probablemente por tuberculose. Os debuxos de Rembrandt do leito de morte da súa esposa son imaxes profundamente conmovedoras.Slive, p. 71

Outras relacións sentimentais

Durante a enfermidade de Saskia contrataron a Geertje Dircx como neneira de Titus, e probablemente pasou a ser tamén a amante de Rembrandt. Posteriormente acusaría a Rembrandt de perxurio e obtería unha indemnización de 200 floríns ao ano. Decatado de que Geertje empeñara varias xoias que Rembrandt regaloulle a Saskia, o pintor fixo o posible para mantela durante 12 anos nun hospicio para pobres en Gouda.

miniatura|170px|Moza bañándose nun arroio (1654). A modelo é Hendrickje Stoffels. A finais de 1640 Rembrandt comezou unha relación coa moza Hendrickje Stoffels, a quen contratara inicialmente como asistenta doméstica. Desta relación nace en 1654 a súa filla Cornelia, feito que motivou o envío dunha carta acusatoria por parte da igrexa reformada a Hendrickje na que se lle incriminaba "cometer os actos dunha prostituta con Rembrandt o pintor". Habéndoo esta admitido publicamente, foi excomungada. Rembrandt, en cambio, non tivo que enfrontar ningún cargo, posto que non era membro de devandita igrexa.Slive, p.82 Aínda que o matrimonio seria válido a efectos legais, Rembrandt non casou con Henrickje para non facer perigar a herdanza de Titus, fillo do seu anterior matrimonio.

Creba económica e últimos anos Rembrandt sempre viviu por encima das súas posibilidades, investindo en arte -ás veces poxando polas súas propias pinturas-, gravados -que adoitaba utilizar nas súas pinturas- e todo tipo de curiosidades. En 1656 xa se tomaron certas medidas nos xulgados para impedir a súa declaración de bancarrota, e o artista tivo que vender a maioría das súas pinturas e boa parte da súa colección de antigüidades. A lista de obxectos poxados conservouse, e dá unha idea das posesións materiais do pintor: debuxos e pinturas dos vellos mestres flamengos, bustos de emperadores romanos, fragmentos de armaduras xaponesas, curiosidades traídas do Extremo Oriente, e coleccións de Historia natural e minerales. Os beneficios destas vendas, realizadas entre 1657 e 1658, resultaron decepcionantes,Slive, páx. 84 de modo que en 1660 non tivo máis remedio que vender a súa casa e o seu taller de gravado e mudarse a un apartamento máis modesto en Rozengracht.Schwarz, p. 12.A venda efectuouse en 1658, pero concedéronselle dous anos de atraso na mudanza. Rembrandt aínda gozaba de certo prestixio, e tanto as autoridades como os seus acredores adoitaban mostrarse bastante tolerantes. Paradoxalmente, a sociedade de pintores de Ámsterdan considerouno un escándalo, e adaptou os seus regulamentos para que ninguén que estivese nunha situación económica como a de Rembrandt puidese comerciar como pintor. Para evitar esta medida, Hendrickje e o propio Titus abriron o seu propio negocio de arte en 1660, no que Rembrandt traballaba como empregado.