Miguel Fidalgo Areda, nado en Francelos (Ribadavia) o 10 de marzo de 1956, é un político socialista galego.

Traxectoria Mestre de profesión. Foi concelleiro do PSdeG-PSOE en Ribadavia tralas eleccións municipais de 1983. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura socialista e foi elixido alcalde grazas ao apoio dos Independentes do Municipio de Ribadavia e do BNG. Porén, en xullo de 1989 perdeu a alcaldía tras unha moción de censura apoiada polos Independentes que fixo alcalde ó candidato de Centristas de Galicia Antonio Lorenzo. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 resultou elixido deputado.

Nas municipais de 1991 encabezou novamente a candidatura do PSdeG e logrou se-la forza máis votada, se ben non recuperou a alcaldía tras apoiar Centristas de Galicia ao PPdeG. Porén, o 26 de maio de 1992 volveu á alcaldía tras unha moción de censura apoiada por dous dos edís de Centristas, renunciando por tanto á súa acta de deputado autonómico. Nas municipais de 1995 quedou por detrás do PPdeG e perdeu a alcaldía. Volveu encabeza-la candidatura socialista nas municipais de 1999 sen lograr recupera-la alcaldía, permanecendo como concelleiro na oposición ata a fin do mandato en 2003.

Nas Eleccións xerais de 2008 foi o candidato número 1 do PSdeG-PSOE ao Senado pola provincia de Ourense e foi elixido senador. Revalidou a súa acta nas Eleccións Xerais de 2011, permanecendo na cámara alta ata o remate da lexislatura en 2015.

Vida persoal É pai de Brais Fidalgo, dirixente da marea Ribeiro en Común.

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais en Ribadavia

Ligazóns externas Blog de Miguel Fidalgo

Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1956 Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes