A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico é un documental de 2021, producido por Chantada Comunicación S.L. e realizado por Lorena Gallardo e Humberto Novoa.
É unha viaxe pola fala, a paisaxe e a cultura da Ribeira Sacra galega. miniatura|Estrea do documental en Chantada no Cinema Palleiriso en outubro de 2021
Características Foi unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia dentro da Rede de Dinamización Lingüística.
Faise unha viaxe pola paisaxe cultural da Ribeira Sacra na que os ribeiraos e ribeirás van achegando o léxico, os traballos, a cultura das ribeiras do Sil e do Miño. A paisaxe das muras ou socalcos en pendente, a cultura arredor do cultivo das viñas e a elaboración do viño e a augardente, a olaría, a carpintería, as barcas típicas vanse achegando aos ollos do espectador ao longo do filme. Segundo o Portal da Lingua Galega "A verba viva pretende, ademais de entreter e guiar o espectador, promocionar a Ribeira Sacra e afondar no seu patrimonio lingüístico co obxectivo de recoller, recuperar e divulgar a lingua e os termos propios do xeito de vida da ribeira: artesáns e artesás, viticultores ou viticultoras con herdanza familiar e amantes do río e da terra".
Para o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García:
Baixo a dirección de Lorena Gallardo e Humberto Novoa, con produción Chantada Comunicación, seguindo o guión de Lorena Gallardo e a fotografía de Humberto Novoa foi gravado no inverno de 2021 en diferentes concellos da Ribeira Sacra, nas provincias de Lugo e de Ourense.
Colaboraron no documental:
O filólogo e profesor Anxo González Guerra. O divulgador e contacontos ambientalista Anxo Moure. Os artesáns Elías de Gundivós (oleiro), Fernando Ibarra (carpinteiro), Manuel Gómez (Manolete: alambiqueiro). O viticultor Primitivo Lareu. A guía do Ecomuseo do Pazo de Arxeriz (O Saviñao) Sonia Faria. A veciña da Ribeira Sacra Ana Cortiñas. A música, en directo, de Searas e do grupo Gancho Sanches nos créditos.
O documental foi presentado en agosto de 2021 en Santiago por Valentín García, Lorena Gallardo, Humberto Novoa e Mercedes Vázquez (Chantada Comunicación) facendo constar desde Política Lingúística:
Foi estreado no Festival de Cinema e Ecoloxía no Palleiriso (Cinema Palleiriso, Chantada) en outubro de 2021.
O documental pode verse en aberto no Portal da Lingua Galega e na canle Youtube.
No remate dedícase o filme:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
A verba viva en YouTube
Categoría:Documentais galegos Categoría:Etnografía galega Categoría:Viticultura Categoría:Lingüística galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de 2021