José Prudencio Padilla López, nado en Riohacha o 19 de marzo de 1784 e finado en Bogotá o 2 de outubro de 1828, foi un soldado, mariñeiro e prócer colombiano que participou nas guerras da independencia. Tendo sido excluído pola súa ascendencia parda, pero grazas ás súas destacadas accións militares, foi nomeado almirante da República, e, pola súa popularidade en Cartaxena, senador da Gran Colombia. Foi preso e executado acusado de participar na Conspiración Septembrina. Traxectoria Os seus pais foron Andrés Padilla de Sabanalarga, carpinteiro e construtor de pequenas embarcacións, e Josefa Lucía López, descendente de labregos.
En 1803 Padilla ingresou con dezanove anos na Real Armada do Novo Reino de Granada.Jesús C. Torres Almeyda, El Almirante José Padilla (epopeya y martirio) (1981; reimpresión: Bogotá. 'Imprenta y Litografía de las Fuerzas Militares', 1990). En 1805, no marco da alianza entre Napoleón I e Carlos IV, a invasión das Illas Británicas foi organizada por un escuadrón franco-español. O 21 de outubro tivo lugar a batalla de Trafalgar, na que Padilla participou a bordo do "San Juan Nepomuceno". Coa vitoria inglesa, os superviventes foron feitos prisioneiros, entre eles Padilla. En 1808 foi amnistiado, tras o que foi nomeado contramaestre da estación de Cartaxena de Indias, instalándose no arrabalde afrodescendente de Getsemaní, desa cidade. O 11 de novembro de 1811 participou no motín de Getsemaní, que tiña por obxectivo meter presión á Xunta de Goberno de Cartaxena para se declarar "Estado libre, soberano e independente",“Constitución política del Estado de Cartagena de Indias, expedida el 14 de junio de 1812”, en: Manuel Ezequiel Corrales, ed., Documentos para la historia de la provincia de Cartagena de Indias, hoy estado soberano de Bolívar en la Unión colombiana, 2 vols. Bogotá; Medardo Rivas, 1883. tal e como sería consignado na Constitución de 1812. Ese proceso de independencia fora desencadeado pola invasión napoleónica de España, que xerou unha crise de lexitimidade, que pretendía resolverse traspasando ao pobo a soberanía, que até entón residía no rei (daquela Fernando VII).
Participación na Campaña de Liberación do Caribe A partir de 1812 participou na loita contra as provincias realistas de Santa Marta e Riohacha como contramaestre do bergantín "Independiente". En 1813 coñeceu a Simón Bolívar, aceptándoo como líder. En 1815 participou na batalla de Tolu derrotando á fragata española "Neptuno" coa canoneira "Concepción". En recoñecemento a esa acción foi ascendido a tenente de fragata. Ao pouco foi encarcerado, acusado de traizón por Mariano Montilla, crioulo venezolano que se convertera no seu máximo opoñente.
En 1815 Fernando VII retornou ao trono e ordenou a reconquista de Nova Granada e a Capitanía Xeneral de Venezuela, baixo o mando de Pablo Morillo. Debido á chegada da expedición de paz, Padilla foi liberado, participando na defensa de Cartaxena, que durou 106 días de asedio, tras o cal a cidade se rendeu. Aínda que moitos dos patriotas foron capturados e algúns executados, Padilla escapou nunha goleta.
Chegou a Los Cayos, Haití, onde ficou impresionado ao ver un goberno formado por negros e mulatos, que soñaba con replicar na Nova Granada. Bolívar, exiliado en Xamaica, chegou ao mesmo tempo a Haití, desde onde organizou a expedición de marzo de 1816, á que se uniría Padilla, que contemplaría a vitoria naval de Los Frailes e o desembarco de Carúpano; porén, unha vez en terra, a contraofensiva de Francisco Tomás Morales provocou o regreso de Bolívar a Haití. Padilla incorporouse ás tropas do xeneral Manuel Piar. Cando Bolívar volveu ao continente coa segunda expedición financiada por Haití, ordenou ao almirante Luís Brión a captura e execución de Manuel Piar, pola súa orixe afro, e o temor a unha guerra racial. Padilla, como pardo, foi elixido por Bolívar para manter a disciplina das tropas, formadas maioritariamente por pardos, negros, mestizos e indios (véxase racialización), polo que foi ascendido a capitán de navío. Entre 1817 e 1819, Padilla comandou expedicións no Orinoco e o Atlántico e participou na campaña de Casanare, encargado do transporte de tropas e material bélico. En 1820 actuou, como segundo ao mando despois de Luis Brión, na toma de Riohacha e nas batallas de Laguna Sala, Pueblo Viejo, Tenerife, La Barra, Ciénaga de Santa Marta e San Juan.
miniatura|225x225px| Debuxo do San Juan Nepomuceno, barco no que Padilla serviu na batalla de Trafalgar.
esquerda|miniatura|200x200px| Execución dos heroes de Cartaxena, pola expedición de paz, o 24 de febreiro de 1816. Generous Jasper, (Museo Nacional de Colombia).
Liberación de Cartaxena En xaneiro de 1821, as tropas patriotas ao mando de Mariano Montilla e a escuadra ao mando de Padilla, iniciaron o asedio terrestre e marítimo de Cartaxena. O 4 de maio, a frota de Padilla entra na baía de Cartaxena; a máis decisiva desas batallas aconteceu na noite de san Xoán, a escuadra de Padilla venceu ao exército realista logrando a súa rendición o 1 de outubro. Polas súas accións, o goberno da Gran Colombia ascendeu a Padilla ao rango de xeneral de brigada, e nomeouno xeneral comandante do Terceiro Departamento da Mariña e do Escuadrón de Operacións do Río Zulia.
Batalla de Maracaibo miniatura|350x350px| Acción del Castillo de Maracaibo (ca. 1840) , pintura ao óleo de José María Espinosa (c. 1845-1850). Aínda que as tropas dos patriotas tiveron éxito en terra firme, fracasaran nos intentos de liberar a costa venezolana, polo que a provincia de Maracaibo ficou baixo dominio español. En 1823 Padilla foi nomeado polo vicepresidente Fco. Santander para dirixir a campaña de Maracaibo desde Riohacha, comandando cinco bergantíns, sete goletas e outras dezasete embarcacións. O 24 de xullo de 1823, Padilla alzouse vitorioso diante do castelo de San Carlos, na batalla naval coa que se apoderou do lago. Pola súa vitoria, Padilla foi ascendido a xeneral de división, foille concedido unha medalla de ouro e unha pensión anual de 3.000 pesos, inferior á que percibían a maioría dos xefes militares participantes na campaña.
Participación política esquerda|miniatura|295x295px| Gravado de Mariano Montilla, principal opoñente de Padilla. Padilla é xeralmente recoñecido pola súa faceta militar, esquecendo que foi unha figura importante na política de Cartaxena. Porén, a súa orixe parda supuxo unha limitación para acceder a altos cargos, ademais da súa constante marxinación pola elite crioula, que seguiría após a súa morte ocultando o seu papel fundamental na campaña de liberación.
A decepción de Padilla polas súas aspiracións a unha maior inclusión das castas mestizas e afrodescendentes veríase confirmada cando, a pesar de que demostrara grandes dotes de liderado coa súa vitoria en Maracaibo, non obtivo o recoñecemento político que esperaba: o cargo de alcalde do departamento de Magdalena, que foi concedido ao seu opoñente Mariano Montilla (quen ordenou a súa detención en 1815), dándolle en cambio un mando de segundo nivel subordinado a Montilla.
A situación entre os dous empeorou cara a 1822, coas acusacións que fixo Montilla ante o presidente titular, Francisco de Paula Santander, sobre as intencións de Padilla de xerar unha guerra racial, indicando tanto a existencia de apoios aos exiliados para a reconquista en Santo Domingo, como as pretensións dos soldados zambos de Getsemaní, de ter de xefe a Padilla. A pesar das acusacións e os resentimentos persoais de Montilla, Padilla, cun grande apoio popular en Cartaxena, logrou ser elixido senador en 1822.
Hostilidades coa elite cartaxeneira Co fin da guerra da independencia comezaron a restablecerse as xerarquías de clase e racistas previas ao conflito. Entre os crioulos, comezou a xerarse indignación co status que acadara un pardo como Padilla. Varios incidentes amosan a exclusión racial que o independentismo non puido superar, como os rexeitamentos cara a Anita Romero, unha muller morena, parella sentimental de Padilla, coa que conviviu tras separarse da súa muller (por considerala adúltera). Un deses episodios foi a negativa do comerciante Juan de Francisco a invitar a Anita a un baile que ofrecía. Marixa Lasso explica o episodio:Tal falta de respecto encaixa nas relacións tradicionais entre homes de elite e as súas amantes 'pardas'. Estas relacións reforzaron as xerarquías raciais da Colonia, deshonrando ás mulleres pardas, excluídas do honorable papel de esposas lexítimas, mantendo intacta a honra do home branco. A honra do home branco estaba ligada á da súa lexítima muller e dos seus fillos; o que os deshonraba era casar cunha parda, pero non ter relacións extramatrimoniais con elas. Padilla e outros republicanos radicais alteraron estas xerarquías, outorgándolles ás mulleres pardas o mesmo status e trato que as mulleres de elite.As exclusións sufridas por Padilla motivárono a editar o folleto titulado Al respetable público de Cartagena, no que destaca a persistente desigualdade na nova República, aludindo a que as afrontas que recibiu pola súa condición racial eran extensibles a todos os pardos:
Para a elite crioula de Cartaxena tales reivindicacións eran produto da prepotencia, sinalándoas como unha incitación á guerra racial. Aínda que os ataques de Montilla nunca diminuíron, Padilla foi reelixido senador en 1825.
Acusacións de conspiración e morte Foi acusado de participar na Conspiración Septembrina, a pesar de estar preso por participar nun levantamento de oficiais en Cartaxena que se opuñan a asinar un documento no que afirmarían o apoio a unha constitución vitalicia proposta por Simón Bolívar, un tribunal responsábel dos acusados da conspiración xa o absolvera dos cargos por tal feito; con todo, nun momento de furia, Bolívar disolveu o tribunal, nomeando xuíz único ao xeneral Urdaneta, que dixo que "non aceptaba absolutorias", a sentenza de Padilla foi anulada xunto con outras seguindo instrucións de Bolívar, e por orde de Urdaneta que actuou sumariamente, deixando de lado calquera sensación de imparcialidade ou neutralidade; baixo os cargos de conspiración e traizón, Padilla foi executado en Bogotá o 2 de outubro de 1828.
Debido a estas determinacións, a oposición contra Bolívar e os xefes militares circundantes creceu, contribuíndo con motivos á disolución da Gran Colombia. A Convención de la Nueva Granada en novembro de 1831 rehabilitou a súa memoria en nome do pobo colombiano.
Papel no conflito Bolívar-Santander Desde 1826 na nova república apareceu o temor á fragmentación territorial coas intencións separatistas de Venezuela e unha crecente tensión entre centralismo e federalismo, entre Bolívar e Santander. Padilla, que mostrara a súa lealdade a Bolívar, tamén sentiu simpatía por Santander, co que contactaba a miúdo por correo. En 1828, Montilla, firme partidario de Simón Bolívar, presentouse para ser elixido deputado de Cartaxena á Convención de Ocaña, pero perdeu as eleccións. Como consecuencia, o bando bolivariano de Cartaxena redactou unha serie de "representacións ante a Convención", co fin de frustrar o seu éxito, xa que o bando santanderino ía cobrando forza. Para iso, Montilla esixiu aos oficiais e xefes militares que asinasen unha exposición contra Santander e a favor de Bolívar, acusando ao primeiro de ser o causante da miseria do exército. Porén, un grupo de militares do Batallón Tiradores manifestouse en contra da firma deste tipo de "representacións á Convención" e solicitou o apoio de Padilla. Tamén se di que o propio Padilla foi quen prohibiu que os axentes ao seu mando asinasen e se ofreceu a defender aos que non.